O Cafés Candelas Breogán visita este sábado ao Monbús Obradoiro no Multiusos Fontes do Sar de Santiago de Compostela a partir das 18 horas na vixésimo primeira xornada da Liga Endesa despois de dúas semanas de parón.
Pepe Pozas, base do Obradoiro, afirmou que “todo se multiplica nesta semana, todo colle moita importancia, sentimentos”. Pozas considera que, “para a afección e para toda Galicia, é moi importante”, así coma “unha festa ter a dous equipos na máxima categoría”. “O Obradoiro e Galicia están moi orgullosas de ter a Obradoiro e Breogán na máxima categoría, así coma de Club Ourense Baloncesto e Basquet Coruña coma primeiros espadas en LEB Ouro”. O base malagueño opinou que os lucenses, “ao gañar ante Murcia, acabaron reforzados antes das fiestras”, “os dous (equipos) chegan con moi boa dinámica”, así coma lembrou que Breogán “tivo moitas lesións e infortunios”.
Pola súa banda, Christian Díaz, base do Breogán, explicou que “é unha semana diferente, moi bonita, moi especial de preparar”, así como salientou que “ver o ambientazo que se vai vivir vai ser moi bonito”. “Para a xente de Lugo en si, é máis esperado xa que o club leva moitos anos en LEB Ouro. Para a xente é moi importante. Moitísimos afeccionados nosos desprazaranse, coma fixeron a Málaga ou Vitoria”, comentou o xogador grancanario.
Díaz subliñou que “Obradoiro está no seu mellor intre da tempada, veñen de gañar dous partidos de alta esixencia” e os lucenses están “máis abaixo” na clasificación. “Vimos de gañar o partido, polo de agora, máis importante da tempada, que foi ante Murcia”, engadiu.
O base breoganista explicou que “Lugo é unha cidade que vive por e para o baloncesto”, así como “merecen estar, sen ningún tipo de dúbida, en ACB”.
Christian Díaz afirmou que a afección breoganista “estivo impecable”, “en ningún intre” deixounos de lado, aínda que “é unha afección esixente” e deulles “forza para seguir”. “En Santiago, esa parte de Lugo daranos unha forza incríble”, adiantou.
Vladimir Brodziansky, pivote do Obradoiro, declarou que saben que o Breogán “é o mellor equipo reboteador”.
Por último, Romaric Belemene, aleiro e ala-pivote do Breogán, respondeu que “o rebote, polo de agora, foi un dos puntos fortes” do equipo lucense e teñen que “seguir así”.