InicioPolíticaO alcalde e os edís de Palas absoltos polo Supremo regresan ás...

O alcalde e os edís de Palas absoltos polo Supremo regresan ás filas do PP

Pablo Taboada, actual rexedor de Palas con maioría absoluta, volverá a presentarse de novo baixo as siglas do Partido Popular

PUBLICADA O

- Advertisement -

O equipo de goberno de Palas volve a integrarse no Partido Popular. O regreso prodúcese trala sentenza do Tribunal Supremo que anula as condenas do actual alcalde, Pablo Taboada, o seu predecesor e outros sete encausados. A decisión foi trasladada á dirección provincial despois da xuntanza deste martes, na que participaron Elena Candia, Carlos Armesto, José Manuel Balseiro e José Manuel Barreiro.

Os procesados por acoso e prevaricación deixaran as filas da formación por mor da condena da Audiencia Provincial, revocada polo alto tribunal. A pena para o actual alcalde, Pablo Taboada, ascendía a nove anos de inhabilitación e quince meses de cadea. O Supremo entende que non se cumpren os requisitos para probar o acoso laboral, como tampouco de que os edís actuaran con conciencia de estar dictando unha resolución arbitraria contra a secretaria municipal.

Como consecuencia da absolución, Taboada volve a ser o candidato do Partido Popular de cara ás eleccións locais de maio, ofrecemento que Candia realizara en xaneiro. O rexedor afirma que “séntese moi motivado” e que “nunca deixei de estalo, porque sabía que todo ía saír ben”. Así e todo, recoñece que o episodio “non foi sinxelo”, e congratúlase do regreso de Alba Villasante, a concelleira de confianza de Taboada que decidiu absterse na votación pola que os compañeiros resultaron investigados.

Sobre a volta de Taboada, a presidenta provincial dos populares, Elena Candia, cre que “sae notablemente reforzado”. Nese senso, comentou que “somos conscientes de que Pablo viviu tempos complicados, pero, aínda así, non deixou de traballar polos veciños”.

A acusación contra o alcalde de Palas di que a sentenza xera impunidade

ÚLTIMAS

A exsocialista Reigosa volve apoiar unha enmenda do PPdeG, aínda que apoiou os orzamentos para 2026

O pleno municipal extraordinario celebrado este venres en Lugo deu o visto e prace...

O proxecto eólico Cordal de Ousá ameaza a única poboación reprodutora de mazarico real na Península

A asociación ecoloxista ADEGA alerta dos graves impactos ambientais, patrimoniais e sobre a biodiversidade...

A Xunta anuncia 1.200 vivendas públicas en 22 bloques no residencial do Sagrado Corazón de Lugo

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, visitou este luns...

A crítica edil María Reigosa apoiará os orzamentos de Lugo “por responsabilidade”

A concelleira de Lugo María Reigosa, que pediu recentemente a baixa do PSOE, resolveu...