InicioPolíticaTino Alvite deixa a súa acta como concelleiro do BNG en Vilalba...

Tino Alvite deixa a súa acta como concelleiro do BNG en Vilalba por motivos persoais

O edil participou este xoves no seu último pleno e recibiu o agradecemento da corporación municipal e dos seus compañeiros de formación polo traballo desenvolvido.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O concelleiro do BNG de Vilalba, Tino Alvite, renunciou á súa acta por motivos persoais e participou este xoves no seu último pleno da corporación municipal tras tomar esta decisión. Segundo recolle o Bloque nun comunicado, ao remate da sesión, Alvite recibiu o agradecemento do resto dos concelleiros polo traballo desenvolvido durante a súa etapa como representante municipal e pola súa dedicación á actividade política e institucional no Concello.

Pola súa banda, desde o BNG de Vilalba, os seus compañeiros quixeron trasladarlle tamén o seu recoñecemento e agradecemento polo “tempo, o traballo e o compromiso” que dedicou á organización e, especialmente, pola súa contribución durante esta etapa desde o grupo municipal. Os nacionalistas destacaron a súa disposición “permanente” a traballar por Vilalba e polos seus veciños, así como o compañeirismo amosado ao longo dos anos, desexándolle o mellor na súa nova etapa.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación irá á Feira Internacional de Turismo de Interior para promocionar a provincia

    A Deputación de Lugo participará por primeira vez na Feira Internacional de Turismo de...

Nova agresión nun campo de fútbol: un árbitro acaba no hospital ao recibir unha puñada nun partido de veteranos en Lugo

O encontro entre o Residencia e o Alianza, correspondente á novena xornada da División...

Lugo celebrará o nomeamento de Mariano Castiñeira como Fillo Adoptivo

O Concello de Lugo celebrará o este venres 13 de novembro o acto institucional...

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...