InicioPolíticaMartínez agarda a completar a lista para decidir a cabeza de cartel...

Martínez agarda a completar a lista para decidir a cabeza de cartel en Lugo

A marca política “socialdemócrata” procura persoas “que non dependan da política para vivir” e está pendente do prace ministerial

PUBLICADA O

- Advertisement -

A iniciativa independente que abandera na capital lucense Manuel Martínez, deputado non adscrito e presidente de Suplusa, está pendente da aprobación do Ministerio de Interior. Calcula que “sairá nestes días” porque “o que falta é que Madrid dea o okay e non poña pegas”. Na localidade en que é rexedor, a marca será Becerreá Siempre, que ten xa a lista completa.

Non é o caso na cidade de Lugo, onde Martínez segue a traballar en pechar os trinta integrantes para a corporación local, incluídos suplentes. Confía en acadar neste partido xudicial os votos cos que revalidar asento na Deputación. “Imaxino que haberá trinta persoas que queiran defender un partido independente, sen lastres e sen compromisos”, declarou antes do pleno provincial. Con todo, admitiu que “é unha cuestión difícil”, en especial “para un partido que acaba de nacer, e que non ten expectativas de prebendas nin de beneficios persoais”.

Esta circunstancia “pode condicionar que a localización sexa máis ou menos rápida”. Martínez afirma que procura persoas “independentes, que teñan o seu traballo e non dependan da política para vivir, e que dende logo teñan unha tendencia socialdemócrata e defendan os intereses de Lugo”. Aínda que ten cabeza de cartel –a reputada profesora Carmen González–, derivou a decisión final sobre o número un na lista a un futuro debate entre todos os integrantes.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSOE aposta por converter a estación de autobuses actual nunha residencia de maiores

O portavoz do Grupo Municipal Socialista de Lugo, Miguel Fernández, presentou este xoves unha...

Confirman cinco anos de prisión para un profesor que agrediu sexualmente unha alumna de 9 anos

A Sala do Civil e o Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia...

O Concello de Lugo apoia a recuperación do cuartel de San Fernando sen afectar ao Museo da Romanización

Esta primeira intervención no edificio inclúe actuar sobre a envolvente do edificio, recuperar espazos...

II Xornadas de Análise do Pensamento Galego dedicadas a Ramón Piñeiro en Lugo

    A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, participou hoxe no acto de presentación das II...