InicioPolíticaO PP reclama un plan de choque para "frear a sangría" de...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores lucenses levarán ao Senado unha iniciativa tras caer o número de traballadores por conta propia ata os 30.582 en agosto, un 0,61% menos ca hai un ano.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para reclamarlle ao Goberno que poña en marcha un plan de choque específico para “frear a sangría” de persoas autónomas na provincia de Lugo. Segundo trasladaron nunha nota de prensa, os datos correspondentes ao mes de agosto sitúan en 30.582 as persoas autónomas na provincia de Lugo, “un 0,61 % menos ca un ano antes”.

Para o PP, os datos mostran “un problema específico” que o Executivo central “non pode seguir ignorando nin atribuír unicamente á demografía, á estrutura produtiva ou ás competencias doutras administracións”. Como exemplo, os senadores lucenses mencionan as políticas de emprego da Xunta que, salientaron, “en 2026 mobiliza máis de 40 millóns de euros en programas específicos para autónomos e mantén un plan estratéxico de comercio dotado con máis de 320 millóns”.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...