InicioLugo e contornaLugoO antigo colexio do Sagrado Corazón xa é dos lucenses trala sinatura...

O antigo colexio do Sagrado Corazón xa é dos lucenses trala sinatura hoxe da acta de expropiación

O Concello asume a propiedade das instalacións para desbloquear o espazo e avanzar no proxecto do novo centro de saúde, que dará asistencia a preto de 10.000 veciños e veciñas.

PUBLICADA O

- Advertisement -
O antigo colexio do Sagrado Corazón volve ser desde hoxe dos lucenses. Desde as 10.00 horas, o Concello é oficialmente propietario destas instalacións tras a sinatura da acta de expropiación. Este constitúe o paso necesario para desbloquear este espazo e avanzar no proxecto do novo centro de saúde do Sagrado Corazón.

 

“Cando asumimos o Goberno municipal dixemos que iamos recuperar este espazo para o barrio. Hoxe damos ese paso”, destacou a alcaldesa, quen engadiu que “volver entrar aquí, acompañada polos veciños, ten ademais un significado especial. Neste lugar estiveron as aulas nas que durante anos se formaron moitos nenos e nenas do barrio. Agora comeza unha nova etapa para estas instalacións”.

 

O proxecto previsto para o complexo estrutúrase nos seguintes eixes de actuación:

 

• Novo centro de saúde: Na zona que ocupa a pista polideportiva acondicionarase o novo centro de saúde. Esta infraestrutura dará asistencia a preto de 10.000 veciños e veciñas e contará con sete consultas de medicina familiar e comunitaria, sete de enfermería, área de pediatría, sala de toma de mostras e espazos para docencia, entre outras dependencias.
• Recuperación de espazos comúns: Recuperaranse instalacións como o salón de actos e estudaranse outras alternativas para habilitar novos servizos contando coa participación da veciñanza.
• Apertura provisional da pista: Mentres non se execute o proxecto do centro de saúde, intervirase na pista deportiva para poder abrila e poñela ao servizo do barrio.
• Mellora da accesibilidade: Tamén se dará unha solución técnica ao problema de accesibilidade do edificio situado no vial que comunica as rúas do Sagrado Corazón e Fontaneira, onde residen 21 familias e que linda directamente coa pista.

 

“Dixemos que iamos facelo. Hoxe avanzamos para que este espazo volva ser público, teña novos usos e volva estar ao servizo dos veciños”, concluíu a rexedora.
+ posts

ÚLTIMAS

Candia presume do éxito do Caudal Fest tras xuntar a “40.00 persoas”

O Caudal Fest pechou este fin de semana a súa oitava edición con preto...

O PP denuncia que Lugo sexa “a única provincia sen posto principal da Garda Civil”: “É unha discriminación máis”

Os senadores lucenses do PP, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano,...

A Fiscalía eleva a 12 anos e medio a petición de cárcere para o acusado de maltratar e agredir sexualmente a filla de 4...

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este luns o xuízo contra un home acusado...

Acusado de introducir droga no cárcere de Bonxe tras regresar dun permiso penitenciario

A Audiencia Provincial de Lugo acollerá o vindeiro venres a audiencia preliminar do caso...