InicioSucesosDúas persoas resultan feridas tras seren atropeladas na Avenida Ramón Ferreiro de...

Dúas persoas resultan feridas tras seren atropeladas na Avenida Ramón Ferreiro de Lugo

As vítimas cruzaban a vía cando foron alcanzadas por un vehículo arredor das 18.00 horas deste martes e permanecían conscientes tras o accidente.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Dúas persoas resultaron feridas este martes ao seren atropeladas por un vehículo cando cruzaban a Avenida Ramón Ferreiro, en Lugo. Segundo a información facilitada polo 112 Galicia, o suceso produciuse arredor das 18.00 horas e foi un particular quen deu a voz de alarma. O alertante indicou que as dúas persoas atropeladas estaban conscientes tras o accidente. Ata o lugar desprazáronse profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e efectivos da Policía Local de Lugo, que atenderon as vítimas e xestionaron a incidencia.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...