InicioLugo e contornaLugoFeira Galega de Artesáns en Lugo para os días 12 e 13...

Feira Galega de Artesáns en Lugo para os días 12 e 13 de setembro

Lugo será así unha das 12 localidades galegas que este ano forman parte do Circuíto de Feira Galega de Artesáns, unha iniciativa da Asociación Galega de Artesáns en colaboración e co financiamento da Xunta de Galicia, a través da Fundación Pública Artesanía de Galicia

PUBLICADA O

A Rúa da Raíña será o escenario os vindeiros días 12 e 13 de setembro da Feira Galega de Artesáns, unha iniciativa que achegará ao centro da cidade diferentes propostas de artesanía tradicional e contemporánea e que permitirá á cidadanía coñecer de primeira man o traballo dos profesionais participantes.
Lugo será así unha das 12 localidades galegas que este ano forman parte do Circuíto de Feira Galega de Artesáns, unha iniciativa da Asociación Galega de Artesáns en colaboración e co financiamento da Xunta de Galicia, a través da Fundación Pública Artesanía de Galicia. A feira contará coa participación de 16 profesionais da artesanía, con propostas pertencentes a sectores como a cerámica, a marroquinaría, a xoguetería, a bisutería, os complementos de moda, a carpintaría, a elaboración de bonecos e a xoiaría amosando a diversidade de oficios e técnicas presentes na artesanía galega.
A alcaldesa de Lugo, Elena Candia e a  concelleira de Dinamización Económica e Relacións Institucionais, Cristina Sanz, presentaron esta actividade xunto co presidente da Asociación Galega de Artesáns, José Manuel Salvado Sanín,  destacando “a importancia de apoiar aos profesionais e facilitar que poidan amosar e comercializar directamente o seu traballo.”
Elena Candia explicou que “actividades como esta encaixan perfectamente coa nosa aposta pola dinamización económica e pola defensa dos nosos produtos de identidade, daqueles produtos que teñen detrás un oficio, unha tradición e tamén a autenticidade de quen os elabora. Son propostas que poñen en valor o traballo dos artesáns, pero que tamén contribúen a xerar actividade e oportunidades no territorio”.
Ademais, cumpren cos retos que nos marcamos na nosa acción de goberno: apoiar aos sectores produtivos, dinamizar a cidade e poñer en valor aquilo que nos diferencia porque detrás de cada peza hai unha persoa, un oficio e moitas horas de traballo”.
+ posts

ÚLTIMAS

O PSOE aposta por converter a estación de autobuses actual nunha residencia de maiores

O portavoz do Grupo Municipal Socialista de Lugo, Miguel Fernández, presentou este xoves unha...

Confirman cinco anos de prisión para un profesor que agrediu sexualmente unha alumna de 9 anos

A Sala do Civil e o Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia...

O Concello de Lugo apoia a recuperación do cuartel de San Fernando sen afectar ao Museo da Romanización

Esta primeira intervención no edificio inclúe actuar sobre a envolvente do edificio, recuperar espazos...

II Xornadas de Análise do Pensamento Galego dedicadas a Ramón Piñeiro en Lugo

    A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, participou hoxe no acto de presentación das II...