InicioLugo e contornaO CorgoUnha persoa morre e outras oito resultan feridas nun accidente con tres...

Unha persoa morre e outras oito resultan feridas nun accidente con tres vehículos no Corgo

O sinistro rexistrouse na CG-2.2, á altura de Anseán, e deixou dúas persoas feridas graves e seis con lesións leves

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha persoa perdeu a vida e outras oito resultaron feridas nun accidente de tráfico no que se viron implicados tres vehículos no municipio lucense do Corgo. Entre os feridos, dous presentan lesións de carácter grave, mentres que os outros seis sufriron feridas leves.

O sinistro produciuse arredor das 18.00 horas deste venres na estrada CG-2.2, ao seu paso pola parroquia de Anseán e en sentido Monforte. Segundo informou o 112 Galicia, foron varios particulares os que contactaron coa central de emerxencias para alertar do ocorrido.

Tras recibir os avisos, o 112 activou un dispositivo no que participaron efectivos do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Sarria e da Garda Civil de Tráfico. Tamén foron mobilizados os responsables do mantemento da estrada.

DOUS FERIDOS GRAVES

Unha vez desprazados os medios ata o lugar do accidente, os profesionais sanitarios confirmaron o falecemento dunha das persoas implicadas.

O balance do sinistro complétase con dúas persoas feridas de gravidade e outras seis con lesións leves, segundo os datos facilitados polos servizos de emerxencias.

O operativo incluíu ademais a mobilización dos profesionais do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) para prestar asistencia no lugar ante as consecuencias do accidente.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...