InicioSucesosRescatan catro cans en Lugo con signos de maltrato e sarna que...

Rescatan catro cans en Lugo con signos de maltrato e sarna que estaban nunha vivenda ocupada

A actuación produciuse despois de varios días de xestións entre os colectivos de protección animal, os corpos de seguridade e a Xunta de Galicia ante as denuncias recibidas, que alertaban do estado dos animais e das condicións do inmoble

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un operativo conxunto da Policía Local, o Seprona da Garda Civil e a Sociedade Protectora de Animais e Plantas de Lugo permitiu este xoves retirar catro cans dunha vivenda situada no número 51 da rúa Lavandeira, na cidade de Lugo.

A actuación produciuse despois de varios días de xestións entre os colectivos de protección animal, os corpos de seguridade e a Xunta de Galicia ante as denuncias recibidas, que alertaban do estado dos animais e das condicións do inmoble.

Durante a intervención foron localizadas tres cachorras mestizas de sabuxo, duns dous meses, e un can adulto mestizo de fox terrier. O catro presentaban distintos signos de falta de coidados e foron trasladados ao Hospital Veterinario Universitario Rof Codina para a súa avaliación e tratamento.

Nas primeiras revisións veterinarias, o tres cachorras presentaban alteracións cutáneas, con perda de pelo, costras e picor intenso, síntomas compatibles con sarna. Ademais, dúas delas tiñan cortes na punta da cola e a terceira presentaba unha lesión nunha das orellas.

O can adulto mostraba tamén un estado físico deteriorado, coa pelame en malas condicións e unha lesión con bostela no bordo da orella esquerda. Os animais permanecen baixo atención veterinaria mentres continúan as actuacións para determinar as circunstancias nas que se atopaban e posibles responsabilidades. A Protectora farase cargo da súa tutela cautelar durante a tramitación do expediente.

A intervención xerou expectación entre os residentes da zona, algúns dos cales mostraran a súa preocupación polas condicións da vivenda e o estado dos cans.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...