InicioLugo e contornaLugoA Vicepresidencia da Deputación renova as pistas de squash do Pazo dos...

A Vicepresidencia da Deputación renova as pistas de squash do Pazo dos deportes

O vicepresidente da Deputación explicou que "desde a posta en funcionamento das pistas fixéronse intervencións puntuais, pero as imperfeccions acumuladas requerían unha renovación integral".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo está a renovar as pistas de squash do Pazo dos Deportes. Operarios da empresa adxudicataria -especializada nestes recintos deportivos – traballan nos últimos días na renovación completa das catro pistas.

A intervención inclúe a instalacións de novos paneis de madeira con polímero de alta resistencia e hidrógufo, adaptado á normativa federativa, e a reparación dos muros laterais con revestimento de morteiro.

O vicepresidente da Deputación Efrén Castro explicou que “desde a posta en funcionamento das pistas fixéronse intervencións puntuais, pero as imperfeccions acumuladas requerían unha renovación integral que se está executando nestes días e que pretende ofrecer as mellores condicións de uso para clubs e deportistas que utilizan as instalacións”.

Nese sentido, Efrén Castro explicou que “se trata dun investimento máis na modernización e actualización do Pazo, unha instalación que, ademais de ser a casa do baloncesto, empregan deportistas doutras modalidades, ofrecendo un servizo fundamental para a actividade deportiva na cidade de Lugo”

A área de Deportes destina 36.000 euros á renovación destes espazos deportivos, que empregan habitualmente deportistas dos clubs lucense Squash Muralla e Monstruíños, ademais doutros deportistas a título particular.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...