InicioLugo e contornaO Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

A iniciativa do PP sae adiante con dezaséis votos a favor e a única abstención de Armando Ojea, malia as duras críticas de PSdeG e BNG pola estratexia política da Xunta.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo para albergar a sede da futura Axencia Estatal de Saúde Pública. A proposición non de lei, presentada pola deputada popular Mª Encarna Amigo ante a Comisión 5ª de Sanidade, aprobouse con 16 votos a favor e só unha abstención. Segundo o texto aprobado, resolven que o Parlamento de Galicia manifeste o seu apoio á candidatura da cidade de Lugo como sede do organismo, xa que contribuirá ao desenvolvemento e fortalecemento institucional de Galicia e a consolidar á comunidade e á cidade como referente na prevención, control e vixilancia das enfermidades, así como na protección e promoción da saúde.

Así mesmo, instan á Xunta a dirixirse ao Concello de Lugo e ao Goberno estatal para mostrar o seu compromiso coa candidatura e para colaborar institucionalmente na presentación dunha proposta que garanta a plena dispoñibilidade das instalacións necesarias, a asunción dos compromisos económicos e técnicos requiridos, a dotación das infraestruturas e servizos precisos para o funcionamento da Axencia e as medidas de apoio ao persoal desprazado, co obxectivo de que Lugo reúna as mellores condicións para albergar a sede. Amigo defendeu que este fito suporía un paso máis na descentralización deste tipo de servizos e reivindicou que Galicia está “preparada” para “liderar” a saúde pública do futuro. “Non é unha cuestión de siglas, de partidos. É unha oportunidade para Lugo e para toda Galicia”, defendeu, animando ao resto de grupos a votar a favor.

APOIO CON CRÍTICAS DA OPOSICIÓN

Pola súa banda, a deputada socialista Lara Méndez, aínda que se mostrou a favor da iniciativa, foi moi crítica coa “hipocrisía” do PP. “Ata hai uns meses falaban dunha cidade insegura, falta de oportunidades… do Bronx”, sinalou, referíndose ao cambio de actitude desde a moción de censura da popular Elena Candia. A deputada nacionalista Olalla Rodil expresouse na mesma liña, argumentando que o ano pasado xa presentaron unha iniciativa similar pero sen incluír recursos económicos. “A ninguén se lle escapa a diferenza”, apuntou Rodil, en clara referencia tamén á moción.

“A Xunta cre que o diñeiro dos galegos é seu. En función de se lle interesa, se lle convén, usa o diñeiro público para castigar a quen no votan ao PP ou a quen están gobernados polo PP”, lamentou. A pesar das críticas, a iniciativa saíu adiante con dezaséis votos positivos e só unha abstención, a do deputado do grupo mixto, Armando Ojea.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSOE aposta por converter a estación de autobuses actual nunha residencia de maiores

O portavoz do Grupo Municipal Socialista de Lugo, Miguel Fernández, presentou este xoves unha...

Confirman cinco anos de prisión para un profesor que agrediu sexualmente unha alumna de 9 anos

A Sala do Civil e o Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia...

O Concello de Lugo apoia a recuperación do cuartel de San Fernando sen afectar ao Museo da Romanización

Esta primeira intervención no edificio inclúe actuar sobre a envolvente do edificio, recuperar espazos...

II Xornadas de Análise do Pensamento Galego dedicadas a Ramón Piñeiro en Lugo

    A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, participou hoxe no acto de presentación das II...