InicioLugo e contornaLugoMáis de 400 prazas para as Aulas Abertas de Verán do Concello...

Máis de 400 prazas para as Aulas Abertas de Verán do Concello de Lugo

A adxudicación das prazas realizarase mediante sorteo informático público o día 17 de xuño

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo abrirá do 8 ao 12 de xuño o prazo de inscrición para participar nas Aulas Abertas de Verán, un programa destinado a facilitar a conciliación familiar e laboral durante os meses estivais e que este ano contará con 440 prazas para nenos e nenas de entre 4 e 10 anos.

A iniciativa desenvolverase durante os meses de xullo e agosto nos centros de convivencia de Fingoi, Lamas de Prado, Maruja Mallo, Milagrosa e Paco Martín, cunha programación que combinará actividades deportivas, xogos, obradoiros e propostas lúdicas adaptadas ás diferentes idades.

As actividades organizaranse de luns a venres en catro quendas: do 1 ao 15 de xullo, do 16 ao 31 de xullo, do 3 ao 14 de agosto e do 17 ao 31 de agosto, en horario de 8:30 a 14:30 horas. O programa está dirixido a nenos e nenas nados entre os anos 2016 e 2022, que deberán ter cumpridos os 4 anos e non superar os 10 anos na data de inicio da actividade solicitada.

As solicitudes poderán presentarse entre os días 8 e 12 de xuño en horario de 9:00 a 13:00 horas de forma presencial, de xeito telemático ou por rexistro cun modelo de solicitude. No caso das actividades previstas no centro Paco Martín, a inscrición presencial realizarase no centro de convivencia da Milagrosa.

A adxudicación das prazas realizarase mediante sorteo informático público o día 17 de xuño. As listas provisionais publicaranse o 18 de xuño e as definitivas o día 26, unha vez rematado o proceso de formalización das inscricións. Manteranse as bonificacións para as familias, cun desconto do 50% para o segundo fillo ou filla e gratuidade total para o terceiro membro da mesma unidade de convivencia.

O concelleiro  de política social, maiores e migración, Gustavo Díaz, explicou que se reforzará durante os meses de xullo e agosto a programación de actividades gratuítas ao aire libre, abertas a toda a veciñanza e sen necesidade de inscrición previa e tamén con actividades puntuais nos distintos centros

A programación de actividades ao aire libre incluirá propostas relacionadas coa actividade física, o benestar e os hábitos saudables, como bioximnasia, pilates, ioga, ximnasia, exercicios de relaxación e respiración ou sesións de activación corporal.

Estas actividades desenvolveranse en diferentes espazos públicos da cidade, entre eles o Parque da Milagrosa, a Praza Viana do Castelo, Fingoi (á beira do río Miño, cerca do ponte de madeira que cruza a nacional), a Praza das Illas, o Parque Rosalía de Castro, a Praza do Centro de Convivencia Lamas de Prado e a Praza do Castiñeiro, en horario de mañá ou  tarde.

Dende o Concello destacan que esta programación permite ofrecer alternativas de lecer saudable e  ampliar a oferta de actividades para toda a poboación durante os meses de verán  así como na  primeira semana de setembro con actividades interxeracionales.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

Case corenta detidos por roubo de 140 Km de cable de cobre en varias provincias, entre elas Lugo

A Garda Civil detivo a 39 persoas nas provincias de Ávila, La Rioja e...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...