InicioSucesosDetido un veciño da Fonsagrada como presunto autor dun roubo con forza

Detido un veciño da Fonsagrada como presunto autor dun roubo con forza

A Garda Civil detivo a un veciño da Fonsagrada (Lugo) como suposto autor dun delito de roubo con forza dunha motocicleta tipo enduro, que estaba estacionada nun garaxe comunitario da cidade de Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil detivo a un veciño da Fonsagrada como suposto autor dun delito de roubo con forza dunha motocicleta tipo enduro, que estaba estacionada nun garaxe comunitario da cidade de Lugo.

Segundo informou a Comandancia, a investigación iniciouse tras a denuncia presentada polo propietario da moto e a análise das cámaras de seguridade do inmoble permitiu comprobar que o roubo se produciu na madrugada do 6 de febreiro pasado.

As imaxes captadas mostraban como unha persoa accedía ao garaxe a través do portal de edificio e, posteriormente, abría a porta de acceso para introducir unha furgoneta na que cargaba a motocicleta subtraída.

A investigación levou a constatar que a furgoneta pertencía a unha empresa de aluguer e que o ladrón accedera ao recinto sen forzar a porta, polo que a Garda Civil sospeitaba que o autor tiña chaves de acceso ao inmoble

A motocicleta foi localizada o pasado mes de abril pola Garda Civil, estacionada nunha rúa do centro de Meira, e procedeuse á súa recuperación.

Igualmente, púidose identificar á persoa que usaba habitualmente o vehículo e que, ao ser interrogado, declarou que adquirira a moto a un terceiro en Lugo. No entanto, as pescudas revelaron que esta versión era falsa e que o sospeitoso residía con anterioridade no mesmo edificio en cuxo garaxe fora roubada a moto, polo que tiña as chaves.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...