InicioLugo e contornaLugoO PSdeG denuncia o aval de Rueda ao "pacto do tanatorio" que...

O PSdeG denuncia o aval de Rueda ao “pacto do tanatorio” que permitiu a moción de censura en Lugo

A viceportavoz parlamentaria do PSdeG e exalcaldesa de Lugo, Lara Méndez, asegurou que os estatutos do PP foron aprobados en xullo de 2025, cando xa se coñecía a sentenza do TC do mes de xuño sobre a Lei Antitransfuguismo

PUBLICADA O

- Advertisement -

A viceportavoz parlamentaria do PSdeG e exalcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acusou ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, de avalar o “pacto do tanatorio” –en referencia ao acordo alcanzado por Elena Candia coa edil tránsfuga para a moción de censura– e lembroulle que o fallo do Tribunal Constitucional é previo á aprobación dos últimos estatutos do Partido Popular.

Na rolda de prensa posterior á reunión da Xunta de Portavoces e despois de que na xornada do luns Rueda avogase por modificar a norma interna para que sexa acorde co aval do Tribunal Constitucional (TC) ao voto tránsfuga en mocións de censura, Lara Méndez asegurou que os estatutos do PP foron aprobados en xullo de 2025, cando xa se coñecía a sentenza do TC do mes de xuño sobre a Lei Antitransfuguismo.

Por iso, Méndez criticou a “cara de cemento armado” de Rueda coa moción de censura e sinalou que o tamén presidente do PPdeG incumpre os estatutos do seu propio partido e non lle abre expediente a Candia por apoiarse nunha tránsfuga porque “non lle dá a gana”.

Méndez esixiu a Rueda que “deixe de mentir”, porque a Lei Antitransfuguismo “non cambiou” desde que se aprobaron as normas do PP que, segundo sinalou, obrigan a expedientar aos candidatos ou candidatas que se apoien en tránsfugas.

“Despois de apoiarse nunha tránsfuga, apóianse nunha mentira tras outra”, censurou Lara Méndez, que advertiu que “Lugo nin esquece nin perdoa” pola actuación do PP na cidade.

PROCESO DE ELECCIÓN DE CANDIDATOS

Por outra banda, preguntada polo proceso interno de elección de candidatos, Lara Méndez lembrou que o Partido Socialista celebrará ao seu comité federal o próximo 27 de xuño, a partir do que o PSdeG establecerá a súa folla de ruta.

Isto, segundo indicou, mentres os órganos provinciais xa levan a cabo un “traballo importante” de face á preparación das eleccións municipais.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSOE aposta por converter a estación de autobuses actual nunha residencia de maiores

O portavoz do Grupo Municipal Socialista de Lugo, Miguel Fernández, presentou este xoves unha...

Confirman cinco anos de prisión para un profesor que agrediu sexualmente unha alumna de 9 anos

A Sala do Civil e o Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia...

O Concello de Lugo apoia a recuperación do cuartel de San Fernando sen afectar ao Museo da Romanización

Esta primeira intervención no edificio inclúe actuar sobre a envolvente do edificio, recuperar espazos...

II Xornadas de Análise do Pensamento Galego dedicadas a Ramón Piñeiro en Lugo

    A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, participou hoxe no acto de presentación das II...