InicioLugo e contornaLugoTensión entre partidarios e detractores da moción de censura na saída do...

Tensión entre partidarios e detractores da moción de censura na saída do pleno de Lugo

Todo iso ante un por un importante despregamento policial, con numerosos axentes despregados que se han ocuparon de manter separados os dous grupos e de evitar que o enfrontamento fose a máis.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os simpatizantes dos diferentes partidos políticos, por unha banda os de esquerdas e polo outro os de dereitas, protagonizaron momentos de tensión á saída do pleno no que se debateu a moción de censura impulsada polo PP en Lugo, onde houbo berros de recriminación por unha banda e aplausos pola outra.

Os manifestantes, concentrados desde antes das 11,00 horas, non cesaron de lanzar berros en contra da moción e de atacar directamente á líder do PP de Lugo e nova alcaldesa da cidade, Elena Candia, e á concelleira tránsfuga, a exsocialista María Reigosa.

“Elena, sal ao balcón, sal ao balcón” ou “Elena sal xa que se vai o público” foron as proclamas esgrimidas pola plataforma contraria á moción, mentres os simpatizantes do PP optaron polo silencio e a tranquilidade.

O momento de maior tensión produciuse cando a nova alcaldesa saíu a saudar a familiares e compañeiros de partido. E é que, unha vez na rúa, foi apupada polos manifestantes ao berro de “fóra”. “Corrupta” e “traidora” foron os berros que máis se escoitaron xunto a asubíos e sirenas que non cesaban.

Todo iso ante un por un importante despregamento policial, con numerosos axentes despregados que se han ocuparon de manter separados os dous grupos e de evitar que o enfrontamento fose a máis.

 

+ posts

ÚLTIMAS

O PSOE aposta por converter a estación de autobuses actual nunha residencia de maiores

O portavoz do Grupo Municipal Socialista de Lugo, Miguel Fernández, presentou este xoves unha...

Confirman cinco anos de prisión para un profesor que agrediu sexualmente unha alumna de 9 anos

A Sala do Civil e o Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia...

O Concello de Lugo apoia a recuperación do cuartel de San Fernando sen afectar ao Museo da Romanización

Esta primeira intervención no edificio inclúe actuar sobre a envolvente do edificio, recuperar espazos...

II Xornadas de Análise do Pensamento Galego dedicadas a Ramón Piñeiro en Lugo

    A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, participou hoxe no acto de presentación das II...