InicioLugo e contornaLugoHomenaxe á exalcaldesa de Lugo Paula Alvarellos cunha estatua na Praza Maior

Homenaxe á exalcaldesa de Lugo Paula Alvarellos cunha estatua na Praza Maior

"Sabemos que a súa maneira de gobernar era a mesma coa que vivía: coa proximidade dunha amiga, coa empatía dunha muller xusta, coa honestidade de quen nunca se aparta dos seus principios", aseverou o alcalde Miguel Fernández

PUBLICADA O

- Advertisement -

A cidade de Lugo homenaxeou á exalcaldesa Paula Alvarellos co descubrimento dunha estatua na Praza Maior e nun acto con compañeiros de partido e familiares, entre outros.

O alcalde, Miguel Fernández, subliñou que con ela a cidade gardará “a memoria viva” da exrexedora. “Non como un recordo frío nin como xesto protocolario, senón como un acto de xustiza, de gratitude e tamén de compromiso colectivo”.

“Sabemos que a súa maneira de gobernar era a mesma coa que vivía: coa proximidade dunha amiga, coa empatía dunha muller xusta, coa honestidade de quen nunca se aparta dos seus principios”, aseverou.

Pola súa banda, Miguel Couto, autor da estatua — na que a exalcaldesa apareceda sentada nun banco no que hai un espazo libre para que a xente poida sentar –, subliñou que buscou representala, en base ao que lle transmitiron os seus achegados, “o mellor posible”. “Como era, unha persoa moi próxima á xente”.

O acto contou coa presenza, entre outros, de compañeiros de partido e da corporación municipal, entre eles o secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro e a edil da área de Muller e Igualdade, Anxos Novo, así como familiares, entre eles o seu marido que agradeceu este proxecto.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...