InicioSociedadeO cura de Momán di do clero que abusa e encobre que...

O cura de Momán di do clero que abusa e encobre que son “terroristas”

Luís Ángel Rodríguez Patiño, cura de Momán e Labrada, pide á Igrexa española que pida desculpas polo dano causado no canto de agocharse

PUBLICADA O

- Advertisement -

Despois de pedir o rexeitamento dos restos do ditador Franco, o cura de Momán (Xermade) volve dirixirse á curia para acusar de “terroristas” a quen abusa ou encobre os actos de abusos. Luís Ángel Rodríguez Patiño, que oficia asemade en Labrada (Guitiriz) e Xestoso (na provincia da Coruña), opina que a Igrexa española debería pedir perdón en vez de tentar esquecer o sufrimento causado ás familias.

O reivindicativo sacerdote lembra que empregou este termo por vez primeira en 2010, “cando saíron estes casos en España”. Argumenta que o cualificativo de terroristas é necesario para “aqueles que causan terror”. Así, os membros do clero que “causaron terror a nenos, a mozos e están a causar moito terror ás familias” merecen tal referencia.

Mais o cura de Momán especifica que o de terroristas vai tamén para os que encubren os abusos a menores no seo da institución, denunciando o corporativismo que impide investigacións e sancións acordes. “Primeiro os que cometen, e logo os bispos que calan, consenten e mesmo puxeron diñeiro para que as vítimas calasen a boca”, expuxo. “Son terroristas e están a violar o mandato de Cristo e do Evanxeo”.

Que a Igrexa pida desculpas

Para Rodríguez Patiño, os abusos perpetrados deberían obrigar á Igrexa española a pedir desculpas, en sintonía coa mensaxe do Papa Francisco. O cura de Momán explica que a curia hispana “se esconde como caracol na casca, tentando que se esqueza, e facendo moitísimo dano ás familias”. “Están a tapar, escondendo e gastando unha cantidade de millóns enormes en tribunais que non acaban nin coa dor, nin co sufrimento”.

Na loita contra a pederastia, o relixioso ilustra que “se o cesto está contaminado, por moita froita nova, o cesto” seguiría “podre”. Sobre o caso do frade do Cebreiro, procesado e acusado por supostos delitos da índole, critica que “aínda encima tapouse”. “Non lle vin un propósito de emenda de recoñecer as faltas, máis ben ao contrario”.

ÚLTIMAS

Detido un home en Lugo acusado de apuñalar á súa muller

Un home foi detido esta madrugada en Lugo acusado de propinar varias puñaladas á súa...

A redacción do proxecto para construír unha residencia na Pastoriza será financiada pola Xunta

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, reuniuse co alcalde da Pastoriza,...

Accidente en Guitiriz con tres vehículos implicados e un ferido

Varios vehículos víronse implicados este venres, pouco antes do seis da madrugada, nun accidente...

Abadín rexistra 62 litros por metro cadrado debido á borrasca Caetano

A borrasca Caetano, que este xoves obrigou a activar diferentes alertas laranxa e amarela...