InicioPolíticaO despregamento da fibra óptica en Lugo sofre carencias, sinala o BNG

O despregamento da fibra óptica en Lugo sofre carencias, sinala o BNG

Nunha nota de prensa, o BNG expuxo que os datos do Informe de Cobertura de Banda ancha de 2023 recollen que "apenas o 63,01% das vivendas de Lugo contan cunha conexión de polo menos 100 megas, situándose entre os territorios con peor acceso do Estado"

PUBLICADA O

- Advertisement -

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, denunciou carencias no despregamento da fibra óptica nas comarcas de Lugo, unha situación que, asegurou, “está a deixar miles de fogares sen acceso a unha conexión de internet de calidade e agravando a fenda dixital, especialmente no rural”.

Ante esta situación, Rego esixiu ao Goberno actuacións urxentes que permitan “solucionar estas deficiencias e garantir a conexión da cidadanía”.

Nunha nota de prensa, o BNG expuxo que os datos do Informe de Cobertura de Banda ancha de 2023 recollen que “apenas o 63,01% das vivendas de Lugo contan cunha conexión de polo menos 100 megas, situándose entre os territorios con peor acceso do Estado”.

Por todo iso, o parlamentario nacionalista criticou que esta situación é “absolutamente inaceptable e evidencia o fracaso das políticas do Goberno en materia de conectividade no rural galego”.

Ademais, lamentou que “non só non se está avanzando, senón que en moitos casos está a retrocederse, deixando sen servizo vivendas que antes contaban con ADSL tras a retirada do cobre”.

Nesta liña, denunciou que estes problemas de conectividade non se limitan ás zonas máis illadas, senón que afectan mesmo a áreas próximas á cidade de Lugo, como o paseo fluvial ou a parroquia de Galegos.

Tamén puxo o foco nas empresas, que considera que “están a incumprir os compromisos adquiridos a pesar de recibir subvencións públicas, deixando fose do despregamento ás zonas menos rendibles”.

+ posts

ÚLTIMAS

Arroxo amosa preocupación polo futuro dos proxectos de Lugo ante a moción de censura

O tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo (BNG), expresou a súa preocupación polo...

En liberdade o mozo detido por suposta agresión sexual en Lugo con orde de afastamento

O mozo detido en Lugo por unha suposta agresión sexual ocorrida a pasada fin...

Investigado por insultar e ameazar en redes sociais a un xogador do Club Deportivo Lugo

A Policía Nacional identificou a un home, veciño da provincia de Lugo, como presunto...

Besteiro acusa ao PP de bloquear os grandes proxectos de Lugo durante 27 anos

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, denunciou este mércores en Lugo...