InicioSucesosDetidos por roubos, agresións e por portar armas prohibidas en Lugo

Detidos por roubos, agresións e por portar armas prohibidas en Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo detivo a tres homes por un intento de roubo nas instalacións da antiga depuradora municipal, en concreto, cando tentaban fuxir nun camión equipado cun cabestrante para realizar cargas.

Alí, os axentes acharon varios accesos ao recinto “violentado”, varandas cortadas e cable de telefonía disposto para ser transportado, ademais de intervir varias ferramentas como cizallas e unha rebarbadora. Doutra banda, a Policía Local identificou a varias persoas pola subtracción de gasoil dun camión na zona de Alexandre Bóveda. Tras unha inspección, localizaron garrafas e mangueiras ocultas entre arbustos.

Horas máis tarde, dúas dos implicados foron detectados novamente por un vixiante de seguridade no Parque da Milagrosa con máis garrafas, aínda que lograron darse á fuga inicialmente antes de ser localizados de novo polas patrullas. Un dos suxeitos foi denunciado por falta de respecto aos axentes e por portar unha navalla de 15 centímetros de folla.

Así mesmo, ás 5.00 horas, os axentes tiveron que intervir na rúa Catedral, onde un home exhibía un aparello de descargas eléctricas. O individuo, que se mostrou agresivo cos axentes, foi denunciado por infracción á Lei de Protección da Seguridade Cidadá e a arma foille incautada.

No ámbito da violencia doméstica, os axentes da Unidade Territorial de Policía de Barrio procederon á detención dun mozo que mostraba unha actitude “agresiva e ameazante” cara á súa avoa, coa que convivía. Nunha intervención distinta, outro mozo foi arrestado tras admitir golpear á súa nai despois dunha discusión, causándolle marcas en brazos e pernas.

Noutra orde de asuntos, os axentes prestaron auxilio a un home que camiñaba pola estrada LU-530 a altas horas da madrugada tras ser dado de alta no hospital. Ao comprobar que non tiña lugar onde pasar a noite, foi trasladado ao albergue municipal. Finalmente, a Policía Local tramitou actas de denuncia contra dous establecementos de hostalaría na rúa Pousa Antelo e a Rolda das Fontiñas por causar molestias veciñais con música en directo e altofalantes na vía pública sen contar coa autorización preceptiva. Tamén se atenderon requirimentos por ruídos en vivendas da rúa dúas Gardas.

+ posts

ÚLTIMAS

Aberta a circulación de trens na variante da Pobra de San Xiao

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable, a través de Adif, puxo en explotación...

A Deputación reclama á Xunta un novo modelo de emerxencias na área da Montaña

  O Pleno da Deputación de Lugo celebrado este martes aprobou instar á Xunta de...