InicioPolíticaBesteiro augura o regreso dun goberno socialista en Lugo tras a moción...

Besteiro augura o regreso dun goberno socialista en Lugo tras a moción de censura do PP

O líder do PSdeG cualifica de «indigna e inmoral» a operación de Elena Candia e destaca a mobilización social contra o transfuguismo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou que dentro dun ano Lugo volverá ter un goberno de “boas persoas, democrático e apoiado polos veciños”. “En política non todo vale”, subliñou. Así o trasladou tras ser preguntado nun acto sobre sanidade en Ourense pola multitudinaria manifestación deste pasado venres ante a casa consistorial de Lugo na que se expresou o rexeitamento ao “transfuguismo” e denunciouse o que consideran un “atropelo democrático” ante o inminente cambio de goberno.

Besteiro destacou que á manifestación chegaron miles de persoas de dentro e de fóra de Lugo “en defensa da democracia” e para dicir “alto e claro” ao Partido Popular que esa operación “indigna, inmoral” de moción de censura “non vai ter éxito”. Neste contexto, sinalou que tamén foi un día no que lembraron ao tres compañeiros socialistas falecidos no mandato: a alcaldesa Paula Alvarellos e os concelleiros Pablo Permuy e Olga López.

Tras 27 anos de goberno socialista en Lugo, o PP buscará recuperar a Alcaldía nun pleno extraordinario convocado para o próximo 7 de maio. De saír adiante a moción, a portavoz popular Elena Candia accederá ao bastón de mando.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...