InicioSucesosA Policía libera a unha muller retida polo seu compañeiro de piso...

A Policía libera a unha muller retida polo seu compañeiro de piso en Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha muller, que se atopaba retida polo seu compañeiro de piso, foi liberada por axentes da Policía Nacional de Lugo o pasado domingo. Non existía unha relación amorosa entre eles.

Tal e como confirmou a Policía Nacional, os feitos ocorreron o pasado domingo, 19 de abril. Os axentes atopábanse patrullando pola Rúa Santo Graal cando viron a unha muller facer acenos desde unha xanela, indicándolles que se detivesen. Desde alí, a muller manifestou que levaba encerrada desde a noite anterior polo seu compañeiro de piso, e tamén que este a agredira e ameazara.

A continuación, os axentes entraron ao inmoble, liberando e protexendo á muller e procederon a deter ao home, por un suposto delito de detención ilegal e ameazas. Finalmente, o detido pasou o luns a disposición xudicial, quedando en liberdade cunha orde de afastamento.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...