InicioCulturaO profesor Javier Bueno Lema asume o reto de revitalizar o Cetal

O profesor Javier Bueno Lema asume o reto de revitalizar o Cetal

O profesor titular do Departamento de Enxeñaría Agroforestal incorpórase como director xeral da Fundación Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo (Cetal)

PUBLICADA O

- Advertisement -

O profesor Javier Bueno Lema releva a Andrés Hermida na dirección xeral da Fundación Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo (Cetal). A incorporación prodúcese algo máis dun mes despois do nomeamento do padroado da entidade, despois da escolla unánime do titular do Departamento de Enxeñaría Agroforestal da USC na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do campus de Lugo. 

Formalizada a incorporación efectiva como novo director da Fundación Cetal, Bueno Lema traballará nesta primeira etapa no cargo na elaboración e no deseño do novo programa de acción da entidade para a presente anualidade. Bueno Lema chega á dirección xeral da Fundación Cetal logo de desenvolver diversas responsabilidades de xestión universitaria como director da Escola Politécnica Superior da USC e, máis recentemente, como vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo e director do Campus Terra, cargos que ocupou entre 2014 e 2018.

Cetal
Cetal

Javier Bueno Lema (Zas, 1965) é desde 1991 profesor da USC, na que completou os estudos de Enxeñaría Agronómica na xa desaparecida Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Agrónomos de Lugo para logo completar a súa formación de doutoramento na Universidade Politécnica de Madrid.

Na súa xa dilatada traxectoria académica vencellada esencialmente coa actual Escola Politécnica Superior de Enxeñaría da USC, na que ata a data vén desenvolvendo o seu cometido docente e investigador, Bueno Lema ten impartido materias relacionadas coa mecanización agraria e forestal nas  titulacións de enxeñería técnica agrícola e forestal, Agrónomos e Montes e nos actuais graos nos que se configura estea formación universitaria.

O sector lácteo supón para Lugo o 12 % da riqueza e o 18 % do emprego

+ posts

ÚLTIMAS

“Canda Elena”, a canle con entrevistas en Youtube da ‘popular’ Elena Candia

A portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular en Lugo, Elena Candia, puxo en...

O PP de Guitiriz amplía a denuncia contra a alcaldesa por posibles “irregularidades en documentos oficiais”

O Partido Popular de Guitiriz anunciou este mércores a ampliación da denuncia presentada contra...

O PSdeG de Rábade critica os orzamentos de 2026 por non teren “proxecto político”

O Grupo Municipal Socialista de Rábade votou en contra da aprobación inicial dos orzamentos...

Luz verde do Concello de Lugo para ampliar o paseo do río Rato

A xunta de goberno local de Lugo deu luz verde á intervención no tramo...