InicioEconomíaFriol habilita unha tenda online para facilitar as vendas das empresas locais...

Friol habilita unha tenda online para facilitar as vendas das empresas locais durante a corentena

A plataforma, de uso gratuíto, foi creada por unha compañía tecnolóxica friolesa en colaboración co Concello. O obxectivo é axudar aos produtores que sofren as consecuencias da crise do coronavirus.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Friol e a empresa local Enxeit puxeron en marcha unha plataforma de venda online na que autónomos e empresas do municipio poderán dar saída aos seus produtos durante estas semanas nas que non poden abrir fisicamente os seus negocios.

A tenda online, baixo o nome de ‘Compra en Friol’, non terá custo algún para os usuarios, pois está pensada para “axudar a moitos profesionais afectados polo complicado período económico” que supón a pandemia do coronavirus. Así, ofrecerá ás empresas a posibilidade de comercializar os seus produtos “no noso país ou incluso no exterior”. Ademais, a plataforma seguirá dispoñible de maneira gratuíta máis alá desta corentena co obxectivo de potenciar o tecido empresarial de Friol.

Segundo resaltan dende o Concello, o proxecto comezou a funcionar grazas á colaboración da empresa friolesa Enxeit, cuxo campo de traballo é o desenvolvemento de software, servizos e produtos dixitais.  Sandra, Jorge, Bruno, Jordi e Manu, todos eles veciños de Friol, son os nomes detrás desta compañía.

As empresas ou produtores interesados en vender os seus produtos a través deste sistema terán que darse de alta na propia páxina web. Poderán obter máis información no teléfono 637064024 ou a través do correo electrónico info@compraenfriol.com.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...