InicioEconomíaO sector lácteo supón para Lugo o 12 % da riqueza e...

O sector lácteo supón para Lugo o 12 % da riqueza e o 18 % do emprego

Con 3.600 explotacións de vacún de leite, Lugo representa máis da metade da produción láctea en Galicia e preto do 19% da de España

PUBLICADA O

- Advertisement -

Lugo lidera un ano máis o sector lácteo en Galicia e tamén en España. A economía do leite exprésase en 1,2 millóns de toneladas anuais, a metade da produción galega e case a quinta parte da española. Durante 2018, un total de 3.600 explotacións mantiveron vacas en produción na provincia de Lugo.

Cada ano, o sector lácteo perde un cinco por cento do total de explotacións por mor do prezo do leite, factor no que Galicia segue á cola das autonomías. Terrible dato para un segmento estratéxico que aporta o 12 por cento do valor da economía lucense, así como o 18 por cento do emprego na provincia.

O delegado territorial presenta os datos do sector lácteo | Xunta de Galicia

Durante o 2018, a Xunta de Galicia xestionou achegas europeas por valor de 16 millóns de euros, beneficiando a 3.300 produtores de lácteo a través do Fondo Galego de Garantía Agraria. A esta cifra cómpre engadir os programas de mellora das explotacións e fomento de novas incorporacións de xoves á actividade gandeira, ademais das axudas directas para zonas con limitacións naturais e produción ecolóxica: un complemento de 5,9 millóns de euros para un milleiro de beneficiarios.

A Xunta de Galicia fixo públicos estes datos a través do delegado territorial, José Manuel Balseiro, que aproveitou a valorizar outros apoios indirectos. Citou os convenios de colaboración con Africor (control leiteiro de raza frisona) e co Ligal, o Laboratorio Interprofesional Galego de Análise de Leite; como tamén a participación do goberno galego nos centros de investigación Xenética Fontao –corporación pública cofinanciada polas asociacións de gandeiros– e o Cetal (Centro Tecnolóxico Agroalimentario), ámbolos con sede en Lugo.

As explotacións de Lugo ingresarían 47 millóns de euros máis co leite no prezo medio da UE

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...