InicioPolíticaO PP denuncia a falta de compromiso do Goberno coa rehabilitación da...

O PP denuncia a falta de compromiso do Goberno coa rehabilitación da N-540

Francisco Conde lembra que este duro inverno, cunha situación meteorolóxica moi adversa, provocou que o estado da N-540 sexa “aínda máis penoso” polo que cre “urxente” acometer os traballos na totalidade da vía

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os deputados do PP no Congreso polas provincias de Lugo e Ourense consideran “preocupante e lamentable” que “o Goberno de Sánchez non comprometa unha data para o remate da totalidade das obras de rehabilitación do firme da N-540”, a pesar do seu “deplorable estado” como advirten tamén dende as asociacións veciñais, profesionais e ata da Garda Civil.

Os representantes do PP na Cámara Baixa por ambas provincias volveron unir forzas para reclamar a “rehabilitación integral do firme e as medidas necesarias para garantir a seguridade dos usuarios que se atopan en serio risco” ao circular por esta estrada nacional que comunica as cidades de Lugo e Ourense, sen outra alternativa de altas prestacións.

Os populares condenan a “parca e decepcionante resposta” do Goberno de Sánchez que se limita a dicir que desde finais do mes de febreiro o Ministerio de Transportes e Movilidad Sostenible está a traballar na reparación do firme da N-540 eludindo dar resposta ás preguntas concretas formuladas polos deputados no Congreso.

Tendo en conta que as obras de rehabilitación estrutural do firme da estrada N-540 entre os p.k. 0,0 e p.k. 68,9 por parte do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible deron inicio en abril de 2024; “pasaron xa dous anos e aínda non están rematadas”.

Francisco Conde lembra que este duro inverno, cunha situación meteorolóxica moi adversa, provocou que o estado da N-540 sexa “aínda máis penoso” polo que cre “urxente” acometer os traballos na totalidade da vía. Atendendo á promesa do delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, sobre o arranxo desta vía; o popular agarda que “sexa unha realidade máis pronto que tarde”.

Por agora, o popular condena que “o Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible se negase a dar información sobre a relación detallada das obras executadas no tramo entre Lugo e Chantada, nin sobre as obras executadas do tramo entre Chantada e o límite da provincia de Ourense”.

Tampouco confirmou se o Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible se fará responsable dos gastos de reparación dos danos que están sufrindo os vehículos que transitan pola N-540 chea de baches e, incluso, con carrís cortados debido ao seu grave deterioro.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...