InicioMedioambiente e PatrimonioA Pobra de San Xiao é un dos puntos negros nun mapa...

A Pobra de San Xiao é un dos puntos negros nun mapa de Greenpeace de auga contaminada por nitratos

Con motivo do Día Mundial da Saúde, Greenpeace publicou un mapa interactivo onde calquera persoa pode consultar a calidade da auga do seu municipio en canto á concentración de nitratos

PUBLICADA O

- Advertisement -

Greenpeace publicou un mapa para coñecer as zonas de España nas que a auga está contaminada por nitratos, onde figuran dous puntos negros en Galicia: Trasmiras  –na contorna da Limia tamén hai varios outros puntos vermellos polo seu perigo– e A Pobra de San Xiao.

Con motivo do Día Mundial da Saúde, Greenpeace publicou un mapa interactivo onde calquera persoa pode consultar a calidade da auga do seu municipio en canto á concentración de nitratos. Esta ferramenta, que recolle a última información consolidada (referente a 2024) e publicada polo Sistema de Información Nacional de Augas de Consumo (SINAC) do Ministerio de Sanidade, permite visibilizar “a preocupante situación que se vive en España”.

O mapa mostra os 332 municipios españois onde non se puido beber a auga da billa nalgún momento de 2024 debido a que a concentración de nitratos superou o límite legal actual (50 mg/l) e os 2.860 municipios nos que se igualou ou superou nalgún momento de 2024 o valor recomendado pola ciencia (6 mg/l) para protexer eficazmente ás persoas ante as enfermidades que poden ser xeradas debido á exposición aos nitratos, en particular, o cancro colorrectal, o de maior incidencia en España.

En total, o 51,17% dos municipios analizados presenta unha concentración de nitratos na auga superior ao límite recomendado pola ciencia.

“Esta contaminación está provocada esencialmente polo uso masivo de fertilizantes sintéticos na agricultura intensiva e as inxentes deyecciones dos animais explotados pola cruel gandaría intensiva e as súas macrogranjas. A nivel europeo considérase que o 81% da achega do nitróxeno agrícola aos sistemas acuáticos provén directa ou indirectamente da gandaría”, explica nun comunicado.

“A contaminación da auga por nitratos é invisible. Non se ve nin se cheira. Acceder aos datos oficiais é realmente complicado e co mapa que Greenpeace lanzou calquera persoa vai poder saber como está a auga que sae da súa billa e actuar fronte ao problema. Non podemos seguir permitindo que as macrogranjas envenenen a auga de todas as persoas para que os reis da carne estean a forrarse. Exportamos a inmensa maioría da carne de porco e quedámonos cunha auga, literalmente, de merda”, afirmou o responsable de gandaría en Greenpeace, Luís Ferreirim.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia e o secretario xeral da Lingua participan nas II Xornadas de Pensamento Galego

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e o secretario xeral da Lingua, Valentín García,...

Deteñen un home por ameazar a dúas persoas cun cúter e unha navalla en Lugo

A Policía Nacional detivo en Lugo a un home como presunto autor dun delito...

O PSOE aposta por converter a estación de autobuses actual nunha residencia de maiores

O portavoz do Grupo Municipal Socialista de Lugo, Miguel Fernández, presentou este xoves unha...

A Deputación detrás dunha nova edición de Divulga T sobre ciencia no campus de Lugo

  DivulgaT- Petiscos de Divulgación Científica, unha iniciativa da Asociación de Investigadores AgroMar que busca...