InicioPolítica"Desde o rural e a identidade constrúese provincia", di a presidenta da...

“Desde o rural e a identidade constrúese provincia”, di a presidenta da Deputación de Lugo

Visitou a Feira do Queixo do Cebreiro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, destacou Pedrafita do Cebreiro como exemplo de como “desde o rural e a identidade constrúese provincia”. Tal e como trasladou o Goberno provincial nunha nota de prensa, López foi a encargada de pregoar o trixésimo dezaoito edición da Feira do Queixo do Cebreiro, que se celebrou este venres.

Alí, a mandataria provincial reivindicou na súa intervención a “importancia” do rural e da identidade como elementos “fundamentais” para construír o futuro da provincia. Neste sentido, situou a Pedrafita como “exemplo de municipio que consegue manter viva a comunidade grazas ao esforzo dos veciños, o coidado do territorio e a preservación das tradicións”.

O verdadeiro valor deste territorio está na xente. Na xente que decidiu quedar. Na que decidiu coidar. Na que decidiu construír o futuro aquí”, salientou. Así mesmo, subliñou o papel deste territorio como porta de entrada a Galicia, un lugar que marca un “antes e un despois” para quen chega, especialmente para os peregrinos do Camiño de Santiago.

Tamén, no pregón destacou o valor do queixo de O Cebreiro, subliñando que “non é só alimento, senón tamén cultura, herdanza e identidade”, e froito do traballo de xeracións que preservaron a esencia do rural galego.

+ posts

ÚLTIMAS

A CIG denuncia ante Inspección a empresa onde morreu un mozo en prácticas en Vilalba

A CIG presentou unha denuncia ante a Inspección de Traballo contra a empresa de...

Alerta nos Ancares por unha “praga” de xabarís: os gandeiros temen o contaxio de enfermidades e esixen accións á Xunta

O Sindicato Labrego advirte dun aumento sen precedentes dos ataques, que ameaza a viabilidade das explotacións, e reclama a Medio Ambiente peches preventivos e un control sanitario estrito.

Queremos Galego denuncia o uso do castelán nun cartel en Lugo mentres o PP sinala que xa se fixo en anos anteriores

A plataforma Queremos Galego criticou publicamente ao goberno municipal de Lugo, liderado polo PP,...

O PP acusa a Carmela López de manter “o mesmo sectarismo” que Tomé na Deputación

O grupo provincial do PP na Deputación de Lugo acusou á presidenta do organismo,...