InicioEconomíaSenadores do PP estudarán demandas do sector da repartición pola alza de...

Senadores do PP estudarán demandas do sector da repartición pola alza de prezos dos combustibles

Os senadores populares comprometéronse a estudar as demandas dos representantes de Adislugo que consideran "insuficiente" o desconto por litro e reclaman "unha porcentaxe" ante a incerteza da evolución futura dos prezos dos combustibles

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os senadores do PP lucense, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano, reuníronse con representantes de Adislugo –que aglutina a 70 socios e 1.500 empregados– para escoitar as demandas do sector ante a subida dos combustibles como consecuencia da guerra en Irán.

Segundo trasladaron os populares nunha nota de prensa, este colectivo é importante nunha provincia como Lugo, “maioritariamente rural”, onde os veciños “dependen no seu día a día do servizo de repartición”.

“O sector vese moi afectado porque a maior parte da repartición faise en vehículos ou furgonetas de menos de 7.500 quilos que quedan excluídos de calquera axuda por parte do Goberno de Sánchez”, sinalaron antes de apuntar que o Executivo central “esquece a boa parte de actividades económicas que dependen do prezo do gasóleo como son as distribuidoras de hostalaría e alimentación, panadeiros ou paquetería”.

Así, os senadores populares comprometéronse a estudar as demandas dos representantes de Adislugo que consideran “insuficiente” o desconto por litro e reclaman “unha porcentaxe” ante a incerteza da evolución futura dos prezos dos combustibles.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...