InicioDeportesA Vicepresidencia da Deputación de Lugo apoia a participación do Ensino na...

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo apoia a participación do Ensino na Copa da Raíña

O equipo lucense logrou a clasificación para competición copeira como sexto mellor equipo da primeira volta da Liga Endesa

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo reforzará o apoio ao Durán Maquinaria Ensino Lugo cunha achega extraordinaria para colaborar nos gastos relacionados coa participación na Copa da Raíña, que se xogará do 26 ao 29 de marzo en Tarragona.

O equipo lucense logrou a clasificación para competición copeira como sexto mellor equipo da primeira volta da Liga Endesa. Volve á Copa cinco temporadas despois da súa última participación, na temporada 2020-2021, para disputar o título con Casademont Zaragoza, IDK Euskotren, Valencia Basket, Leganés, Jairis, Girona e Avenida.

Na delegación ensinista estará tamén o equipo infantil feminino de Liga Galega, que xogará a Minicopa, unha competición paralela á senior na que participan os conxuntos infantís dos oito equipos finalistas do torneo.

O vicepresidente Efrén Castro trasladou o apoio da institución provincial ao Ensino nun acto cos dous equipos, no que se puxo de manifesto a aposta do club por unha estrutura sólida de categorías de base.

A axuda para a participación na Copa súmase á subvención anual de 140.000 euros para gastos ordinarios da actividade competitiva coa que conta o club.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...