InicioDeportesNatxo Lezkano afirma que "non hai recursos" para fichar

Natxo Lezkano afirma que “non hai recursos” para fichar

O primeiro adestrador breoganista adiantou a posible convocatoria do base Ricardo Úriz e que Elijah Millsap "xa está ben", "quere axudar" e "é boa persoa"

PUBLICADA O

- Advertisement -

Natxo Lezkano, primeiro adestrador do Cafés Candelas Breogán, compareceu en rolda de prensa previa ao partido contra Tecnyconta Zaragoza este sábado 2 de febreiro no pavillón Príncipe Felipe de Zaragoza a partir das 18 horas na decimonovena xornada da Liga Endesa.

Lezkano adiantou que espera que “Ricardo Úriz, por fin, poida formar parte da convocatoria” para Zaragoza. “Se non está ao 100 % non imos tomar ningún risco”, aclarou. O técnico breoganista lembrou que “terlle no día a día é boa nova”, así como reivindicou que está “plenamente identificado co club” e cos “valores” do Breogán.

En canto a Elijah Millsap, Lezkano afirmou que “xa está ben”, aínda que “tivo que ir dous días ao hospital” por gastroenterite. Engadiu que “el quere xogar, entende que estar aquí é unha oportunidade boa”, “quere axudar” e “é boa persoa”.

Sobre Tadija Dragićević, respondeu que “non” cre que “poida xogar en todo o vindeiro mes”. Comentou que “non hai recursos” para fichar máis xogadores.

Lezano declarou que “ten que dar un paso adiante (Emir) Sulejmanovic, xa lle toca, ten que dar un paso adiante (Romaric) Belemene xogando nesa posición de catro”. “Xunto con Alec Brown e (Volodymyr) Gerun, é o noso xogo interior”, explicou.

Por outra banda, opinou que Basket Zaragoza “é o único equipo que non fixo ningún troco” e “iso fala moi ben” deles. Subliñou que é “un equipo moi compensado”, “con roles moi definidos e aceptados por todo o mundo”, así como “corre moitísimo, o ritmo máis alto da competición”.

 

 

 

+ posts

ÚLTIMAS

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

O PSOE de Lugo alerta que o Arde Lucos non ten Plan de Autoprotección

  O concelleiro do Grupo Municipal Socialista Jorge Bustos expresou hoxe a súa profunda preocupación...