InicioSociedadeO Consorcio de Bombeiros aclara que a retirada de niños de velutina...

O Consorcio de Bombeiros aclara que a retirada de niños de velutina está marcada pola Xunta

Segundo esta normativa, se o servizo se presta nun domicilio privado e non se trata dunha situación de risco inminente para persoas ou bens, aplícase a taxa correspondente pola mobilización de medios humanos e materiais.

PUBLICADA O

- Advertisement -

 

Desde o Consorcio Provincial de Bombeiros quérese aclarar que a retirada de niños de vespa velutina conta cun protocolo específico establecido pola Xunta de Galicia, que canaliza estas actuacións a través da empresa pública TRAGSA, encargada de realizar o servizo sen custo para a cidadanía.

Cando un particular chama ao 112 para comunicar a presenza dun niño, o aviso pode ser derivado aos parques de bombeiros. Cómpre lembrar que os bombeiros constitúen un servizo de emerxencias, regulado por unha ordenanza pública que establece taxas pola prestación de determinados servizos, especialmente cando se trata de actuacións en propiedades privadas e que non revisten carácter de urxencia vital.

Segundo esta normativa, se o servizo se presta nun domicilio privado e non se trata dunha situación de risco inminente para persoas ou bens, aplícase a taxa correspondente pola mobilización de medios humanos e materiais.

Desde hai anos, os parques de bombeiros veñen informando expresamente ás persoas que contactan co 112 de que están solicitando a intervención dun servizo de emerxencias que pode ter custo. O habitual é falar co titular da chamada para explicarlle a situación, indicarlle que existe un procedemento gratuíto a través de TRAGSA e advertirlle de que, no caso de manter a petición de intervención dos bombeiros, esta poderá estar suxeita á taxa recollida na ordenanza.

O Consorcio subliña que os bombeiros actúan conforme á legalidade vixente e aos protocolos establecidos, diferenciando entre intervencións de emerxencia —que teñen prioridade absoluta— e actuacións que xa dispoñen dun procedemento específico habilitado pola Administración autonómica.

+ posts

ÚLTIMAS

A Festa do Queixo de San Simón chega á súa XXX edición

Ao longo da fin de semana haberá moita oferta musical, contando coa animación das...

“Desde o rural e a identidade constrúese provincia”, di a presidenta da Deputación de Lugo

A presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, destacou Pedrafita do Cebreiro como exemplo...

Piden cinco anos de prisión para un home que agrediu cun vaso a dúas persoas no exterior dun pub de Lugo

A Audiencia Provincial de Lugo xulgará o vindeiro martes, día 7, a un home...

A Deputación de Lugo responde ao PP sobre a incorporación dun funcionario de administración local

  A Deputación Provincial de Lugo, ante as declaracións realizadas polo Grupo Provincial do Partido...