InicioPolíticaO PP carga contra a “parálise” da A-56 e o estado "terceiromundista"...

O PP carga contra a “parálise” da A-56 e o estado “terceiromundista” da N-540 entre Lugo e Ourense

Os senadores populares denuncian só 8,8 quilómetros abertos desde 2020 e esixen ao Goberno un calendario real, orzamentos e a rehabilitación urxente da estrada nacional.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os senadores do PP pola provincia de Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano, denunciaron este xoves a “parálise” da autovía Lugo-Ourense (A-56) e o que cualifican como “abandono absoluto” da estrada N-540, principal vía actual de conexión entre ambas cidades.

“Non hai calendario, non hai orzamentos e non hai vontade política. O Goberno fala de estudos, de corredores e de revisar proxectos, pero a realidade é que non se avanza absolutamente nada”, criticaron os representantes populares nun comunicado. Segundo trasladaron, desde setembro de 2020 só se puxeron en servizo 8,8 quilómetros da A-56, mentres o resto dos tramos continúan, ao seu xuízo, “bloqueados”, con tramitacións administrativas paralizadas e declaracións de impacto ambiental caducadas.

CRÍTICAS AO ESTADO DA N-540

Os senadores tamén puxeron o foco na situación da estrada N-540, que actualmente soporta todo o tráfico entre Lugo e Ourense. Definiron o seu estado como “terceiromundista”, denunciando a presenza de fochancas, firme degradado e falta de mantemento. “O Goberno de Sánchez condena aos veciños e transportistas a circular por unha estrada que pon seriamente en risco a seguridade viaria”, aseguraron, insistindo en que resulta “inadmisible” que, mentres non avanza a autovía, tampouco se garantan condicións mínimas na vía nacional.

MOCIÓN NO SENADO

Neste contexto, o PP rexistrou unha moción no Senado para reclamar que a A-56 se manteña como autovía de altas prestacións, que o Executivo presente un cronograma real con prazos e orzamentos e que se execute unha rehabilitación integral e urxente da N-540.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSOE aposta por converter a estación de autobuses actual nunha residencia de maiores

O portavoz do Grupo Municipal Socialista de Lugo, Miguel Fernández, presentou este xoves unha...

Confirman cinco anos de prisión para un profesor que agrediu sexualmente unha alumna de 9 anos

A Sala do Civil e o Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia...

O Concello de Lugo apoia a recuperación do cuartel de San Fernando sen afectar ao Museo da Romanización

Esta primeira intervención no edificio inclúe actuar sobre a envolvente do edificio, recuperar espazos...

II Xornadas de Análise do Pensamento Galego dedicadas a Ramón Piñeiro en Lugo

    A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, participou hoxe no acto de presentación das II...