InicioPolíticaO PPdeG denuncia que o PSOE e o BNG consumarán en Lugo...

O PPdeG denuncia que o PSOE e o BNG consumarán en Lugo un “pacto porco” cun presunto agresor sexual

Paula Prado e Elena Candia acusan a Besteiro e Pontón de "branquear" a José Tomé para manter o goberno da Deputación e critican que o BNG venda os seus principios por "medio millón de euros".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O PPdeG asegurou que o Partido Socialista e o BNG consumarán este mércores o “pacto porco” cun presunto agresor sexual, en referencia a José Tomé, cuxo voto sinalan que é necesario para que a esquerda se manteña no goberno da Deputación de Lugo tras a dimisión forzada do expresidente pola denuncia presentada na canle interna do PSOE de acoso sexual.

A secretaria xeral dos populares galegos, Paula Prado, mostrou este martes en Lugo o seu rexeitamento ao que cualifica de “branqueo” dun comportamento “indigno” e que suporá “escribir unha das páxinas máis negras da historia de Lugo coa complicidade de José Ramón Gómez Besteiro e Ana Pontón“. Ademais, trasladou “o apoio do PP ás vítimas do político socialista”. O número dous do PP galego e a presidenta provincial do PP de Lugo, Elena Candia, ofreceron declaracións aos medios este martes na sede dos populares lucenses, onde mantiveron unha reunión na que participaron diferentes representantes, entre eles o portavoz na Deputación, Antonio Ameijide.

Paula Prado cualificou de “hipocrisía” o comportamento do PSOE e do BNG, ao asegurar que primeiro esixiron a Tomé que deixase de ser tanto deputado provincial como alcalde de Monforte, dimisións que semanas despois “seguen sen consumarse”. Con todo, censurou que despois de pedir o seu cesamento, este mércores “consuman ese pacto porco”. Nese sentido, criticou a postura do BNG, a quen define como “cómplice” de que este mércores na Deputación de Lugo se elixa a unha presidenta co apoio dun presunto acosador sexual.

Paula Prado preguntouse “con que cara van mirar ás mulleres cando vicepresidan a Deputación co voto de José Tomé e formando goberno coa persoa que encubriu ese presunto acoso”, en referencia a Pilar García Porto. “Estamos ante dous partidos que non respectan os dereitos das mulleres e sentan con Tomé, vendendo os dereitos das mulleres por medio millón de euros. Ese é o prezo da dignidade das mulleres”, sinalou a número dous dos populares galegos. Do mesmo xeito, mostrouse moi crítica co “aval” de Besteiro e Pontón a este “pacto porco”. “Son cómplices e autorizan esta operación, pola que mañá unha muller vai ser presidenta da Deputación de Lugo co voto dun agresor sexual”, puntualizou sobre os líderes do PSdeG e BNG.

“ONDE ESTÁ O FEMINISMO DA CIG?”

Tamén foi crítica cun sector do feminismo galego ao preguntarse cantas organizacións se manifestarán este mércores ante as portas da Deputación de Lugo. “Vai estar a Marcha Mundial das Mulleres? Vai estar a CIG?”, preguntouse para asegurar que “mañá se verá a realidade do feminismo desas mulleres que se manifestan nas rúas pedindo que os agresores sexuais saian das institucións”.

“OS PRINCIPIOS DO BNG VALEN 500.000 EUROS”

Pola súa banda, a presidenta provincial do PP, Elena Candia, analizou o “comportamento moi criticable e indigno” de PSOE e BNG no caso Tomé e no procedemento para a elección da nova presidenta da institución provincial. “Os lucenses teñen que coñecer quen está á fronte destes dous partidos políticos e o que valen os seus principios”, asegurou Candia, que dixo que, “no caso do BNG, 500.000 euros“.

Candia dixo que o PSOE perpetúa a presentación dunha candidatura para a que necesita o voto do expresidente, a quen o secretario xeral do PSdeG lle pediu a acta e a súa dimisión. Así, criticou que o PSOE teña a “compracencia de ampararse” no voto de Tomé despois de pedirlle a súa dimisión, así como nunha persoa que, segundo indicou, “foi absolutamente coñecedora, colaboradora e cooperadora“, en referencia a Pilar García Porto.

Ademais, en referencia ao BNG, criticou que “minimice, branquee e normalice” a situación “a cambio de 500.000 euros” e preguntouse “que foi do BNG” que “cunha posición férrea defendendo os seus principios esixiu que o candidato á alcaldía Xosé López Orozco se apartase”.

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...

A Rede Museística é a institución de referencia no apoio á creación feminina segundo un informe

informe Las Artistas, aquí y ahora elaborado pola Asociación de  Mujeres en las Artes...

Senadores do PP de Lugo reclaman a Sánchez “concretar prazos” para reparacións na N-6

Os senadores do PP de Lugo reprocharon ao Goberno que "non concrete prazos" sobre...