InicioPolíticaPontón acusa o PP de "usar ás vítimas" para tentar facerse coa...

Pontón acusa o PP de “usar ás vítimas” para tentar facerse coa Deputación de Lugo

A líder do BNG defende o acordo co PSOE para apartar a Tomei do poder, cualifica de “vergoñosa” a estratexia dos populares e pregunta a Rueda se pretende gobernar “grazas a unha persoa acusada de agresión sexual”.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, defendeu o pacto dos nacionalistas na Deputación de Lugo co PSOE para apoiar a candidatura da alcaldesa de Burela, Carmela López, para presidir a institución provincial tras a dimisión de José Tomé polas denuncias de acoso sexual contra el e reprochou ao PP que “queira aproveitarse” desta situación para facerse coa Presidencia e “queira utilizar ás vítimas de violencia machista”.

A preguntas dos medios este martes nun acto en Santiago, a líder nacionalista tachou de “vergoñosa” a actitude dos populares nesta cuestión e insistiu en que o BNG “sempre” dixo que “unha persoa sobre a que haxa acusacións tan graves non podía seguir”. “O que imos garantir é que haxa un goberno onde esa persoa non ten ningún tipo de responsabilidade”, defendeu antes de pedir explicacións ao presidente da Xunta e líder do PPdeG, Alfonso Rueda, sobre se “pretendía facerse coa Deputación, na que non ten maioría, grazas a unha persoa acusada de agresión sexual”.

Nesta liña, despois de que os populares tachasen como “pacto da vergoña” o acordo entre BNG e PSOE, Pontón asegurou que “o que é vergoñento” é a actitude do PP para “facerse coa presidencia” e que queira, engadiu, “utilizar así ás vítimas de violencia machista”.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSOE aposta por converter a estación de autobuses actual nunha residencia de maiores

O portavoz do Grupo Municipal Socialista de Lugo, Miguel Fernández, presentou este xoves unha...

Confirman cinco anos de prisión para un profesor que agrediu sexualmente unha alumna de 9 anos

A Sala do Civil e o Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia...

O Concello de Lugo apoia a recuperación do cuartel de San Fernando sen afectar ao Museo da Romanización

Esta primeira intervención no edificio inclúe actuar sobre a envolvente do edificio, recuperar espazos...

II Xornadas de Análise do Pensamento Galego dedicadas a Ramón Piñeiro en Lugo

    A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, participou hoxe no acto de presentación das II...