InicioLugo e contornaLugoAusencia de tres deputados do PSOE e dous do BNG da xunta...

Ausencia de tres deputados do PSOE e dous do BNG da xunta de Goberno da Deputación por presidila Tomé

Tampouco asistiron dous dos socialistas críticos con Tomé, o alcalde de Castroverde, Xosé María Arias, e o concelleiro de Paradela, Iván Castro, ambos da candidatura alternativa a Tomei para dirixir o partido

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Pazo de San Marcos acolleu este xoves unha nova reunión da xunta de goberno, aínda presidida por José Tomé –en funcións tras rexistrar a súa renuncia á Presidencia o pasado venres–, da que se ausentaron tres deputados do Partido Socialista e dous do BNG.

Á xa coñecida ausencia dos dous deputados nacionalistas, Efrén Castro e Iria Castro, sumouse nesta ocasión a do alcalde de Lugo, Miguel Fernández, que leva de baixa toda a semana polas complicacións dun proceso gripal.

Tampouco asistiron dous dos socialistas críticos con Tomé, o alcalde de Castroverde, Xosé María Arias, e o concelleiro de Paradela, Iván Castro, ambos da candidatura alternativa a Tomei para dirixir o partido.

Arias relatou que entrou sal pero ao ver que seguía Tomé mesma abandonou o lugar, tal e como fixo a semana pasada. Si asistiron, por tanto, o propio Tomé, Pablo Rivera Capón, Pilar García Porto e Carlos López López, o que obrigou a celebrala en segunda convocatoria ao non ter na primeira o quórum requirido.

ACUSACIÓNS DE “CARROÑERISMO POLÍTICO”

O tres deputados nacionalistas, pola súa banda, explicaron aos medios de comunicación que esta decisión, que xa avanzaron na xornada de onte, está fundamentada en esixir ao PSOE que lle demande a José Tomé a entrega inmediata da súa acta “e que non siga alongando esta situación”, xa que permanecerá en funcións ata o día 30, cando se celebrará o pleno que porá fin ao mandato.

Así o explicou este venres o portavoz do grupo nacionalista e vicepresidente da Deputación, Efrén Castro, que acusou ao Partido Popular de “carroñerismo político” e de non “preocuparse polas vítimas xa que está a aproveitar un caso de acoso sexual para chegar coa presidencia da Deputación e iso é lamentable“.

Explicou Castro, que o PP non é ninguén “para darlle leccións de feminismos” aludindo a casos similares neste partido, como o ocorrido en Ourense con Baltar “con acusacións tamén de acoso e que acabou cunha acta de senador como premio”. “Eu pregúntolle aos senadores e senadoras do Partido Popular se van dimitir por estar a convivir co señor Baltar”, insistiu.

Efrén Castro recoñeceu que se mantiveron xa algunhas conversacións informais cos deputados socialistas sobre o futuro do Goberno da Deputación, “pero nada oficial aínda porque ese punto vén despois de que a dimisión sexa plena, pero segundo váianse dando as situacións iremos actuando”.

ÚLTIMAS

PP e BNG votan a favor de reprobar a José Tomé no Concello de Lugo ante acusacións de utilización das vítimas de agresións machistas

Os grupos municipais do PP e do BNG en Lugo aprobaron a moción, presentada...

O PP de Lugo denuncia o desvío de fondos para a rúa Fermín Rivera mentres o PSOE defende un novo convenio coa Confederación Hidrográfica

O Partido Popular de Lugo avanzou este luns a posta en marcha dunha campaña...

A Policía de Lugo detecta cinco condutores ebrios e auxilia a un bebé pechado nunha vivenda

Os filtros de seguridade vial realizados pola Policía Local de Lugo permitiron detectar nos...

O Goberno financia con case un millón de euros a reforma integral do Concello de Vilalba

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, visitou este martes Vilalba para supervisar,...