InicioSociedadeO Concello de Lugo tallará dous tilos da Avenida Ramón Ferreiro polo...

O Concello de Lugo tallará dous tilos da Avenida Ramón Ferreiro polo “elevado risco de caída” tras un informe técnico

O informe técnico detalla que a estabilidade dos exemplares se ve comprometida polo seu estado estrutural e a contorna.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo anunciou que procederá á tala de dous tilos na Avenida Ramón Ferreiro (á altura dos números 14 e 21), tras recibir un informe técnico que determina o “risco elevado de caída ou ruptura” de ambos os exemplares, comprometendo a seguridade viaria e peonil na zona.

O informe, elaborado polos enxeñeiros da empresa concesionaria do mantemento de parques e xardíns, detalla as razóns específicas para cada árbore: o primeiro tilo, situado fronte á oficina da Policía Nacional do DNI, experimentou un “notable incremento da súa inclinación” desde 2018, proxectándose “perigosamente” sobre a calzada. Pola súa banda, o segundo tilo sufriu un sinistro en maio de 2023 que lle provocou unha grave perda de cortiza, desencadeando un proceso de apodrecemento interno que compromete de maneira crítica a súa estabilidade estrutural.

O Goberno local confirmou que, co fin de preservar o carácter verde da Avenida Ramón Ferreiro e cumprir co plan municipal de arborado, ambos os exemplares serán repostos. A nova plantación realizarase durante a próxima primavera, despois de agardar a que se complete a desactivación biolóxica dos sistemas radiculares orixinais.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...