InicioMedioambiente e PatrimonioA chuvia provoca que se adiante ao sábado os actos polo 25...

A chuvia provoca que se adiante ao sábado os actos polo 25 aniversario da Muralla como Patrimonio da Humanidade

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo comunicou que adiantará para este venres a festa de celebración do 25 aniversario da declaración da Muralla Romana como Patrimonio da Humanidade, ante a previsión de fortes choivas para o sábado. Así, o espectáculo que contará cun show de 150 drones sincronizados e un desfile de grupos de recreación histórica de asociacións romanas e galaicas, arrincará ás 19.30 horas deste venres.

En concreto, os drones iluminarán o ceo de Lugo ao ritmo dunha composición do músico e instrumentista Abraham Cupeiro, creada especialmente para o evento. Este espectáculo será visible desde o miradoiro do Parque de Rosalía, a partir das 19.30 horas.

Unha hora máis tarde, terán lugar outros dous actos da programación, que tamén se adiantaron polo mal tempo previsto para o sábado. Un será o encontro de asociacións romanas e galaicas, nos arredores do cubo da muralla denominado Mosqueira, onde farán un aceso de lume e unha “ofrenda” ao monumento. Previamente, ás 20.00 horas, os grupos concentraranse na Praza de Santa María, para de alí partir cara á porta de muralla conocina como a da Estación e á porta de San Pedro, onde finalmente se unirán no cubo da Mosqueira, a partir das 20.30 horas.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...