InicioPolítica"Candeas" para iluminar os 106 puntos sen luz da Muralla de Lugo

“Candeas” para iluminar os 106 puntos sen luz da Muralla de Lugo

O BNG pídelle a Xunta que arranxe os puntos de luz.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O BNG reivindicou á Xunta que “garanta” o “bo estado” da iluminación da muralla de Lugo, que este domingo celebra o seu 25 aniversario da súa distinción como Patrimonio da Humanidade. Durante un acto no adarve da muralla este mércores, Rubén Arroxo recalcou que, a poucos días do aniversario, aínda hai 106 luminarias apagadas, “a pesar de que moitas persoas utilicen o espazo tamén de noite”.

Os nacionalistas tamén propuxeron de maneira irónica que a Xunta instale candeas “se non son capaces de facer funcionar a iluminación ornamental” da muralla. De calquera modo, Arroxo incidiu en que a iluminación é necesaria durante todo o ano, e fixo fincapé en que esta é a semana máis importante para este patrimonio galego.

“Representa non só un ben histórico, senón tamén un gran recurso turístico e cultural, ao ser a única muralla romana que se conserva completa“, subliñou. Ademais, o portavoz municipal do BNG engadiu que “este é un novo exemplo de discriminación da Xunta a Lugo”.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...