InicioLugo e contornaLugoDenuncia de CC.OO. ante a Valedora o "abandono" e "acoso laboral" na...

Denuncia de CC.OO. ante a Valedora o “abandono” e “acoso laboral” na Escola Infantil Gregorio Sanz

O sindicato insiste en que un informe municipal recoñece esta situación, pero o concello "esqueceuse do caso"

PUBLICADA O

- Advertisement -

Comisións Obreiras (CC.OO.) de Lugo presentou dúas denuncias formais ante a Valedora do Pobo pola “situación de emerxencia” na Escola Infantil Municipal Gregorio Sanz.

Nunha nota de prensa difundida este mércores, o sindicato acusou ao Concello lucense de ser “responsable directo” dun “abandono escandaloso” da escola, e de “permitir un acoso laboral ás educadoras”, que –recalcou– “foi recoñecido e arquivado” pola propia administración municipal.

Así, CC.OO. trasladou que “esixe o fin inmediato” dunha situación que cualificou de “indigna”: nenos e nenas de 0 a 3 anos que, segundo o sindicato, están “diariamente” expostos a “condicións insalubres e perigosas nun edificio de madeira con pingueiras, humidades constantes, chan levantado e temperaturas extremas”.

“Soan a abandono cifras como 11 graos no inverno e máis de 30 graos no verán nun espazo onde xogan e dormen bebés”, denunciou, á vez que lembrou que a climatización é unha promesa “baleira” que as administracións levan “anos incumprindo”.

Tamén incide en que a “inacción” é deliberada xa que o Concello, Inspección e a Xunta teñen “coñecemento exhaustivo desta realidade” a través de informes, correos e das propias denuncias das familias, que acudiron a Inspección, fai sete anos, e “nada se fixo, nada cambiou”.

SEGUNDA DENUNCIA

En paralelo, CC.OO. presentou unha segunda denuncia polo “acoso laboral impune” contra as educadoras. O sindicato insiste en que un informe municipal recoñece esta situación, pero o concello “esqueceuse do caso”. “Tres anos despois, as traballadoras seguen expostas, sen protección algunha e nunha contorna xa de seu degradado, vítimas dunha dobre penalización: institucional e laboral”, criticou.

Por iso, a entidade asegurou que “non tolerará nin un día máis de risco para a saúde dos nenos, de vulneración de dereitos laborais e de neglixencia institucional“. Neste contexto é que CC.OO. afirma que acudiu á Valedora do Pobo para que esta “esixa” responsabilidades e obrigue ao Concello de Lugo “a actuar xa”.

+ posts

ÚLTIMAS

A Xunta denfende o servizo de Urxencias do HULA e o PSdeG acúsao de “tapar e ocultar”

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, reivindicou o servizo de Urxencias do Hospital...

Lugo aproba os convenios para a renovación de Serra de Meira e de Fermín Rivera

A Xunta de Goberno Local do Concello de Lugo aprobou o convenio de colaboración...

A Deputación non colabora na Vuelta a España feminina e desminte ao PP provincial de Lugo

A Deputación de Lugo enviou un comunicado aos medios en resposta ao PP provincial....

Deteñen un home en Portugal que fuxira dunha prisión en Lugo durante un permiso

A investigación do Grupo Operativo de Preveción da Delincuencia da Comisaría de Policía Nacional...