InicioSucesosDetido un home en Lugo por presunta agresión á súa nai

Detido un home en Lugo por presunta agresión á súa nai

Ao chegar, atopáronse coa muller, que era a nai do detido, quen manifestou que o seu fillo a ameazou esixíndolle diñeir

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía de Lugo detivo este xoves a un home, residente da rúa Tino Grandio, por un suposto delito de violencia doméstica contra a súa nai.

Tal e como ha traslado o Concello de Lugo nun comunicado, os axentes foron comisionados pola Sala do 092 tras recibir un aviso por unha suposta discusión e pelexa entre unha muller e un home.

Ao chegar, atopáronse coa muller, que era a nai do detido, quen manifestou que o seu fillo a ameazou esixíndolle diñeiro. Pola súa banda, un dos irmáns do home, tamén presente, achegou que agredira fisicamente á súa nai por este motivo, ao mesmo tempo que lles ameazaba de morte.

Un relato que coincidiu co dun testemuño dos feitos, que aseguro aos axentes que observou como o home agredía á muller.

Neste contexto, os axentes comprobaron que o home se atopaba nun estado de “agresividade e nerviosismo”, que fixo necesaria a súa inmovilización.

Con todo, procedeuse á súa detención por un suposto delito de violencia doméstica, sendo trasladado a dependencias policiais onde se instrúen dilixencias para o Xulgado de Garda.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación irá á Feira Internacional de Turismo de Interior para promocionar a provincia

    A Deputación de Lugo participará por primeira vez na Feira Internacional de Turismo de...

Nova agresión nun campo de fútbol: un árbitro acaba no hospital ao recibir unha puñada nun partido de veteranos en Lugo

O encontro entre o Residencia e o Alianza, correspondente á novena xornada da División...

Lugo celebrará o nomeamento de Mariano Castiñeira como Fillo Adoptivo

O Concello de Lugo celebrará o este venres 13 de novembro o acto institucional...

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...