InicioPolíticaTomé destaca que o Centro de Innovación Territorial vertebrará políticas provinciais vinculadas...

Tomé destaca que o Centro de Innovación Territorial vertebrará políticas provinciais vinculadas ao reto demográfico

O obxectivo é que o CIT actúe como "plataforma de sinerxías, integrando iniciativas en marcha, como a rede de residencias, o Plan de Cooperación cos concellos ou a Granxa Gayoso, dándolles unha visión común".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, destacou que o Centro de Innovación Territorial vertebrará as políticas provinciais relacionadas co reto demográfico. Así o expuxo en Ponferrada onde se celebrou o encontro ‘Cambio climático, reto demográfico e mundo rural’, organizado no marco da Convención por un Pacto de Estado fronte á Emerxencia Climática.

Na xornada, presidida pola vicepresidenta terceira e ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Sara Aagesen, tamén participaron os ministros Fernando Grande-Marlaska, Luís Planas e Diana Morant. Tamén o presidente da Deputación de León, Gerardo Álvarez Courel. Tomé sinalou en Ponferrada que o obxectivo é que o CIT actúe como “plataforma de sinerxías, integrando iniciativas en marcha, como a rede de residencias, o Plan de Cooperación cos concellos ou a Granxa Gayoso, dándolles unha visión común”.

Noutra orde de cousas, o presidente da Deputación de Lugo e o alcalde de Pontenova, Darío Campos Conde, asinaron un convenio de colaboración mediante no que a institución provincial realizou unha achega económica de 137.151 euros a este municipio para acondicionar a rede viaria da parroquia de Santa María de Conforto.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...