InicioSociedadeA UE admite a trámite a solicitude de Lugo Monumental para revisar...

A UE admite a trámite a solicitude de Lugo Monumental para revisar a xestión de peonalización do centro histórico

O colectivo veciñal asegura que non busca a sanción contra o Concello, senón que quere "que non se repitan erros tan graves".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Unión Europea admitiu a trámite a solicitude presentada pola Asociación Lugo Monumental para revisar a xestión das obras de peonalización do centro histórico da cidade. Así o comunicou este venres o eurodeputado popular Adrián Vázquez á directiva da entidade, na que confirma que o Parlamento Europeo ve fundamentos na queixa e que o expediente continuará agora a súa tramitación. Lugo Monumental destaca que a súa petición non busca sancionar ao Concello de Lugo, xa que unha eventual multa repercutiría negativamente nos propios veciños. O obxectivo da iniciativa é “analizar a xestión, a falta de transparencia e a escasa participación veciñal” que, segundo a asociación, caracterizaron o desenvolvemento das obras.

A admisión a trámite supón unha “vitoria moral” para a Asociación, ao recoñecer a existencia dunha base razoable nos seus argumentos. Lugo Monumental lembra que as obras se atrasaron máis de dous anos sobre o prazo previsto e que o seu custo inicial, estimado en 4,9 millóns de euros, disparouse ata os 8,88 millóns, o que obriga ao Concello a achegar máis de 4,8 millóns fronte aos 866.000 euros previstos inicialmente.

Entre as consecuencias da falta de planificación, a entidade subliña os problemas que actualmente sofren os negocios do centro histórico coa distribución de mercadorías. As restricións de peso impostas aos vehículos dificultan a repartición e obrigan a multiplicar os desprazamentos, o que, segundo Lugo Monumental, contradí os obxectivos ambientais da peonalización. “Queremos evitar que se repitan erros tan graves e que os futuros investimentos se xestionen con máis seriedade, rigor e participación cidadá”, sinala a Asociación, que insiste na necesidade de revisar a fondo o proceso e extraer conclusións que melloren a xestión pública no futuro.

O PP PIDE MELLOR XESTIÓN NO PLAN NOVO NORTE

A portavoz do Partido Popular en Lugo, Elena Candia, advertiu que agora que a cidade recibirá os fondos europeos para o Plan Novo Norte, esta investigación debe servir de “estímulo para rectificar a forma de xestionalos”. Candia reclama que “se aprendan dos erros” e que o diñeiro se invista en proxectos “útiles, con futuro e transformadores”, criticando iniciativas anteriores como “o carril bici que non se usa, o ‘coliving‘ de artistas sen artistas, o edificio Impulso Verde infrautilizado e as termas pechadas”.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSOE aposta por converter a estación de autobuses actual nunha residencia de maiores

O portavoz do Grupo Municipal Socialista de Lugo, Miguel Fernández, presentou este xoves unha...

Confirman cinco anos de prisión para un profesor que agrediu sexualmente unha alumna de 9 anos

A Sala do Civil e o Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia...

O Concello de Lugo apoia a recuperación do cuartel de San Fernando sen afectar ao Museo da Romanización

Esta primeira intervención no edificio inclúe actuar sobre a envolvente do edificio, recuperar espazos...

II Xornadas de Análise do Pensamento Galego dedicadas a Ramón Piñeiro en Lugo

    A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, participou hoxe no acto de presentación das II...