InicioSucesosUn veciño de Sarria rouba un mastín na protectora de animais de...

Un veciño de Sarria rouba un mastín na protectora de animais de Lugo

A Garda Civil imputa en calidade de investigado a un veciño do municipio de Sarria, de 46 anos de idade, como presunto autor dun delito de apropiación indebida por roubar un can do interior das instalacións da protectora de animais e plantas de Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil imputa en calidade de investigado a un veciño do municipio de Sarria, de 46 anos de idade, como presunto autor dun delito de apropiación indebida por roubar un can do interior das instalacións da protectora de animais e plantas de Lugo. Os feitos teñen lugar durante a madrugada do pasado 7 de setembro, cando foi subtraído do interior das instalacións da protectora un can mestizo de mastín, identificado con microchip.

O servizo de protección da natureza da Garda civil iniciou unha investigación na que foi posible localizar ao indiviudo e recuperar ao animal subtraído, o cal foi posto a disposición da protectora, onde recibiu atención veterinaria e atópase en observación. As dilixencias policiais foron postas a disposición do Xulgado de Instrución de Sarria.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...