InicioSucesosDetido en Becerreá un traballador sen contrato por provocar un incendio forestal...

Detido en Becerreá un traballador sen contrato por provocar un incendio forestal con maquinaria de roza

O lume, causado por faíscas nunha estrada de Vilachá, arrasou 13 hectáreas de monte raso e arboledo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil detivo este martes a un home de 48 anos, de nacionalidade portuguesa, como presunto autor dun incendio forestal por unha “imprudencia” mentres rozaba en Becerreá o pasado 18 de setembro.

Segundo informa a Garda Civil nun comunicado, este home era un traballador sen contrato que realiza traballos de limpeza e roza nas marxes dunha estrada na parroquia de Vilachá. “Levaba traballando sen contrato laboral varios meses, tendo constancia fidedigna o propietario da empresa da devandita vicisitude, xa que era o mesmo que lle pagaba a final de mes en efectivo e sen ningún tipo de xustificante oficial“, explica a Garda Civil.

Os axentes observaron que na zona na que se iniciou o incendio fora rozada ese mesmo día, polo que se identificou nas inmediacións a dous traballadores dunha empresa de rozas, un dos cales era o condutor dun tractor coa rozadora axustada, o cal tentou abandonar o lugar ante a presenza da patrulla.

A investigación determinou que o incendio foi provocado polas faíscas orixinadas nas pedras pola maquinaria rozando as marxes da estrada que se dirixe ao pobo de Bustelo. A Conselleria de Medio Rural da Xunta de Galicia catalogara o índice de risco diario de incendio forestal como alto. As dilixencias policiais foron remitidas á Autoridade Xudicial.

Nun vídeo distribuído pola Garda Civil este martes obsérvase que a este home puxéronlle esposas e foi levado detido por un axente a un cuartel. Acúsaselle de ser presunto autor dun delito de incendio forestal por imprudencia. Este incendio afectou a unhas 13 hectáreas de monte raso e arboledo. Participaron medios terrestres e aéreos para a súa extinción.

ÚLTIMAS

Detido por estafas na rede utilizando a identidade de achegados e empregados

A Policía Nacional ha detido en Lugo a un home como suposto autor dun...

Detido en Lugo un home tras un roubo con violencia

A Policía Nacional informou da detención en Lugo dun home, veciño da cidade, como...

Xulgan a unha muller que se apropiou de 37.500 euros dun cliente que contrataba os seus servizos sexuais

Unha muller sentará no banco dos acusados da Audiencia Provincial de Lugo a próxima...

Detidos dous veciños por roubar 1.750 válvulas de bombonas de butano

A Garda Civil detivo na madrugada do xoves a dous veciños de Ferrol, de...