InicioSociedadeLuz verde da Xunta á ampliación e legalización do albergue de animais...

Luz verde da Xunta á ampliación e legalización do albergue de animais domésticos de Lugo

A Consellería de Medio Ambiente argumenta que "non se prevé que a iniciativa teña impactos significativos sobre os arredores".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Xunta deu luz verde este martes á “declaración de incidencia ambiental de actividade” para un proxecto de legalización, reforma e ampliación dunha instalación existente de recollida e albergue de animais de compañía en Lugo. O proxecto está impulsado pola Sociedade Protectora de Animais e Plantas lucense e, segundo informa a Consellería de Medio Ambiente, poderá desenvolverse “se se cumpren as medidas correctoras” recollidas pola resolución da administración autonómica. Tal e como trasladou a Xunta nunha nota de prensa, unha vez analizada a documentación recibida, o procedemento foi “legalizar ambientalmente o proxecto básico e de ampliación de actividade do albergue”, que está en Piñeiro, na parroquia de Santa María de Muxa.

SEN IMPACTOS SIGNIFICATIVOS

Nesta liña, incidiu en que “non se prevé que a iniciativa teña impactos significativos sobre os arredores, sempre que se cumpran as condicións fixadas na propia resolución autonómica”. Así mesmo, afirmou que a declaración de incidencia ambiental foi elaborada “segundo o procedemento establecido e con consulta a seis administracións”, as cales “emitiron informes e estableceron unha serie de medidas correctoras”. Con todo, relatou que que os organismos consultados “consideran que o proxecto non terá impactos significativos nos distintos eixos analizados”, e que a posta en marcha do plan sería viable “sempre que se cumpra cos condicionantes establecidos nos seus respectivos informes”.

ÚLTIMAS

A Xunta licita a última fase a autovía Nadela-Sarria: as obras estarán en marcha no segundo semestre de 2026

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, avanzou este venres a licitación das obras correspondentes...

PP e BNG votan a favor de reprobar a José Tomé no Concello de Lugo ante acusacións de utilización das vítimas de agresións machistas

Os grupos municipais do PP e do BNG en Lugo aprobaron a moción, presentada...

O PP de Lugo denuncia o desvío de fondos para a rúa Fermín Rivera mentres o PSOE defende un novo convenio coa Confederación Hidrográfica

O Partido Popular de Lugo avanzou este luns a posta en marcha dunha campaña...

A Policía de Lugo detecta cinco condutores ebrios e auxilia a un bebé pechado nunha vivenda

Os filtros de seguridade vial realizados pola Policía Local de Lugo permitiron detectar nos...