InicioPolíticaBesteiro sobre a pintada con insultos na sede socialista en Lugo: "Non...

Besteiro sobre a pintada con insultos na sede socialista en Lugo: “Non imos permanecer indiferentes”

O secretario xeral do PSdeG considera estas actitudes unha das maiores ameazas para a paz e a democracia tras a pintada con insultos na súa sede de Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, alertou este martes da “polarización e a deshumanización” como “unha das ameazas máis series para a paz e para a vida en democracia”. Así, advertiu de que os socialistas “non permanecerán indiferentes” ante a pintada con insultos que apareceu na súa sede de Lugo.

En concreto, na pintada pódese ler ‘Vermellos de merda’. Neste contexto, o líder dos socialistas galegos asegurou que a democracia “é política, é participar e expresarse en liberdade, algo que non comparte unha ultradereita que é responsable deste tipo de atentados xunto a unha dereita compracente”.

“Non imos permanecer indiferentes ante estes atentados. Ímolos a condenar e denunciar”, afirmou Besteiro, quen acudiu ata as instalacións xunto á secretaria de Organización provincial, Pilar García Porto.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

Case corenta detidos por roubo de 140 Km de cable de cobre en varias provincias, entre elas Lugo

A Garda Civil detivo a 39 persoas nas provincias de Ávila, La Rioja e...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...