InicioSucesosCinco brigadistas ingresados con queimaduras graves tras o lume de Barreiros

Cinco brigadistas ingresados con queimaduras graves tras o lume de Barreiros

O incendio continúa activo e afecta xa a 80 hectáreas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os cinco brigadistas feridos nun incendio rexistrado no municipio lucense de Barreiros foron trasladados á Unidade de Queimados do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC). Segundo informaron fontes sanitarias, os cinco foron evacuados desde o Hospital da Mariña ao CHUAC, onde permanecen ingresados con prognóstico grave, por queimaduras de segundo grao.

Un dos brigadistas ten 24 anos, ten afectado o 25% do corpo e resultou intoxicado por inhalación de fume. Outro dos profesionais, de 25 anos, ten o 15% do corpo afectado polas queimaduras de segundo grao. O terceiro destes brigadistas ten 24 anos e as feridas afectaron a un 10% do seu corpo. Ademais, outro dos bombeiros ten 29 anos e unha afectación do 8% e, por último, o quito dos brigadistas, de 27 anos, ten feridas no 5%.

O INCENDIO CONTINUA ACTIVO

Fontes da Consellería de Medio Rural explicaron que o incendio, rexistrado ás 16,15 horas do domingo na parroquia de San Xusto de Cabarcos e que obrigou a cortar un tramo da A-8, continúa activo e afecta xa a 80 hectáreas. Nos labores de extinción participan 23 axentes, 31 brigadas, 27 motobombas, catro pas, catro técnicos, dúas unidades técnicas de apoio, sete helicópteros e tres avións.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...