InicioSucesosUn peregrino ebrio acaba ferido nun bar de Sarria tras romper un...

Un peregrino ebrio acaba ferido nun bar de Sarria tras romper un cristal coa cabeza

A Garda Civil e a Policía Local tiveron que intervir para asistilo, xa que estaba moi alterado.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un peregrino de nacionalidade inglesa resultou ferido na tarde do domingo en Sarria despois de golpearse contra un cristal dun bar do municipio.

Os feitos sucederon ao redor das sobre as 18.44 horas, cando o home, en evidente estado de embriaguez, foi convidado a abandonar o establecemento, situado na rúa Diego Pazos, por estar a molestar aos clientes. Nese momento, propinou un cabezazo á porta do local, rompendo un cristal e sufrindo un profundo corte.

O propio persoal do bar alertou ao 112, o que mobilizou á Garda Civil e á Policía Local. Os axentes tiveron que intervir nun primeiro momento para prestar asistencia sanitaria ao home, que se atopaba moi alterado.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...