InicioSucesosColisión frontal en Lugo deixa tres persoas hospitalizadas

Colisión frontal en Lugo deixa tres persoas hospitalizadas

Un dos ocupantes quedou atrapado no vehículo e tivo que ser liberado polos Bombeiros de Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Tres persoas resultaron feridas e unha delas tivo que ser excarcerada tras unha colisión frontal enre dous vehículos na N-540, ao seu paso pola parroquia lucense de Orbazai.

Segundo informou o 112 Galicia, o suceso produciuse sobre as 21.45 horas do venres e ata o punto desprazáronse os profesionais sanitarios, os Bombeiros de Lugo, a Garda Civil e os servizos de mantemento da estrada.

Unha vez no punto, os bombeiros excarceraron a un dos implicado e tras iso foi evacuado xunto a dúas persoas máis ao centro hospitalario de referencia.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSOE aposta por converter a estación de autobuses actual nunha residencia de maiores

O portavoz do Grupo Municipal Socialista de Lugo, Miguel Fernández, presentou este xoves unha...

Confirman cinco anos de prisión para un profesor que agrediu sexualmente unha alumna de 9 anos

A Sala do Civil e o Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia...

O Concello de Lugo apoia a recuperación do cuartel de San Fernando sen afectar ao Museo da Romanización

Esta primeira intervención no edificio inclúe actuar sobre a envolvente do edificio, recuperar espazos...

II Xornadas de Análise do Pensamento Galego dedicadas a Ramón Piñeiro en Lugo

    A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, participou hoxe no acto de presentación das II...